Skip to Content

"A NOSA TERRA III": FOTOGRAFÍA DO MES DE DECEMBRO

O XOGO DA CHAVE: veñen aí as vacacións e teremos máis tempo para xogar. Hai un século as crianzas miraban como xogaban os grandes expertos á chave. Como xogades hoxe?

 Podedes enviar as fotografías ao correo da biblioteca: abibliodarosi@gmail.com

 

A FOTOGRAFÍA DO MES: NOVEMBRO

Podedes ver na galería as fotografías que recibimos inspiradas no Neno con coroza. Vese ben que nun século  o rural mudou, e tanto!

 Animámosvos ao resto do centro a participar na proposta de decembro.

Álbum: Curso 22-23 -> FOTOGRAFÍA MES DE NOVEMBRO

25N: Revirando o refraneiro.

Para conmemorar o 25N, o alumnado do cole doulle á volta ao refraneiro, xa que convertiron refráns que denigraban ás mulleres en refráns con mensaxes positivas.

Con estes refráns fixemos un caligrama no corredor central do centro que con outras creacións axudaron a decorar o cole nesta data.

O alumnado de 2º de Primaria explicou en que consistía está decoración aos/ás usuarios/as do centro de día que viñeron de visita ao CPI.

Estes refráns foron colocados polas distintas parroquias de Cuntis polos "Equipos Parroquianos" do cole.

Álbum: Curso 22-23 -> 25N: REVIRANDO O REFRANEIRO

"A NOSA TERRA II": DÍA DAS PARROQUIAS

Para o traballo do tema transversal "A nosa terra: Abandono do rural" decidimos dividir ao alumnado do centro por parroquias para que realicen diversas actividades nas 8 parroquias de Cuntis ao longo do curso. Exerceron como padriños parroquianos o alumnado de 4º da ESO.

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DAS PARROQUIAS

VISITA AO CONCELLO: PREOCUPADOS POLO RURAL DE CUNTIS

O venres 18 de novembro, o alumnado de 4º EP do CPI Aurelio Marcelino Rey García fomos ao Concello de Cuntis porque preocúpanos o abandono do medio rural da contorna. Reunímonos co alcalde e fixémoslle preguntas sobre o Concello: que se fai alí, como funciona, quen participa do goberno local...
Despois visitamos a sala de reunións e o despacho do alcalde.
Álbum: Curso 22-23 -> PREOCUPADOS POLO RURAL (VISITA AO CONCELLO)

20N: XOGAMOS COS NOSOS MAIORES.

O venres 18 de novembro, o alumnado de 4º EP do CPI Aurelio Marcelino Rey García, fomos ao Centro de día para compartir os nosos xogos cos avós.  O obxectivo, era conmemorar con eles o Día da Infancia, e recordarlles os momentos nos que foron nenos. Foi unha experiencia moi boa.

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DA INFANCIA

REPOSTERÍA DE OUTONO. VISITA AO CENTRO DE DÍA.

O Venres 11 de Novembro o alumnado de 1° de EP fixo unha visita ao centro de dia para compartir cos nosos maiores dunha xornada de " reposteria de outono"

 

Álbum: Curso 22-23 -> Obradoiro de repostería co centro de día

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) realizarase proximamente no noso centro a renovación parcial do Consello Escolar, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.

O día 3 de novembro ás 9:00h procedeuse ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

O 8 de novembro levouse a cabo a primeira reunión da Xunta Electoral para: a súa constitución, aprobación do calendario de actuación e publicación no taboleiro do centro de:

a) Os correspondentes censos electorais dos distintos sectores educativos. (Poderanse presentar reclamacións na secretaría do centro ata o día 18 de novembro).

b) As convocatorias de eleccións dos distintos sectores educativos:

CORRE, CORRE CABACIÑA POR 4ºA

O xoves 3 de novembro, os nenos e nenas de 4º A de primaria, recibiron a visita dos usuarios do Centro de Día de Cuntis co motivo da conmemoración  do Samaín. O alumnado representoulles o conto "Corre corre cabaciña", e os maiores agasalláronlles cunhas sobremesas chamadas Dedos de Bruxa, feitas por eles mesmos.

Álbum: Curso 22-23 -> CORRE, CORRE CABACIÑA

"A NOSA TERRA I": FOTOGRAFÍA DO MES NOVEMBRO

Estimadas familias.

Integrada no Tema Transversal deste ano, A nosa terra. O abandono do rural, temos unha actividade para vos propor. Trátase d’A FOTOGRAFÍA DO MES.

Para comprobarmos o moito que mudou a vida neste último século escolleremos cada mes unha fotografía realizada por Ruth Matilda Anderson, fotógrafa estadounidense que andou pola Galiza nos anos 20 do XX. A proposta é que nas casas compoñamos a mesma imaxe mais no século XXI.

Neno con coroza: chegaron as chuvias e o frío. Como nos protexemos deles hoxe en día?

As fotos que nos enviedes expoñeranse xunto coa orixinal no corredor principal do centro e no web ao finalizar o mes.  

Podedes enviar as fotografías ao correo da biblioteca: abibliodarosi@gmail.com

Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro coincidindo co dia das bibliotecas o alumnado de 1° e 2° fixeron unha visita á biblioteca de Cuntis para coñecela, e disfrutar dun contacontos.
Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DAS BIBLIOTECAS
Distribuir contido


by Dr. Radut