Skip to Content

MAGOSTO/SAMAÍN 2023

O venres 28 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no cole.

Fixemos unha morea de cousas:

  • Xogos tradicionais,
  • Obradoiros de maquillaxe, follas de outono, de inglés, de francés, de lámpadas de samaín, xogos de mesa...
  • Tamén houbo photocall
  • E por suposto...

COMEMOS CASTAÑAS E TOMAMOS CHOCOLATE!!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades.

 

Álbum: Curso 22-23 -> MAGOSTO/SAMAÍN 22-23

Susa Herrera e Lara Expósito: "En Cabárceno rugidos y canciones".

O martes 27 de setembro visitou o centro Susa Herrera que cantou a dúo coa nosa compañeira Lara Expósito.

Para o 2º e 3º ciclo cantaron cancións do novo disco de Susa chamado: "En Cabárceno rugidos y canciones".

Para o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria cantaron cancións de "Cantos de animales" combinadas coas cancións do novo disco.

Moitas grazas a Susa e Lara pola actividade, xa que o pasamos moi ben.

Álbum: Curso 22-23 -> Concerto de Susa Herrera

Desconcerto: Escola municipal de música.

O mércores 27 de setembro viñéronos a visitar uns artistas que fixeron un auténtico "Desconcerto". Viñeron  de parte da Escola Municipal de Música de Cuntis. Asistiu a esta actividade o alumnado de Educación Infantil e o 1º ciclo de Educación Primaria.

Álbum: Curso 22-23 -> Desconcerto (Escola Municipal de Música)

Ordenadores E-Dixgal

Neste ficheiro que se achega atópase a información inicial relativa aos equipos E-Dixgal que usa o alumnado do centro.

ACTO GRADUACIÓN 4º ESO

O pasado 21 de xuño fixemos un pequeno acto de despedida e recoñecemento apra o noso alumnado de 4ºESO. Deixa o centro para comezar unha nova etapa da súa vida despois de trece anos compartíndoa connosco.

 

O grupo escolleu ao profe Toño, de Educación Primaria e á profe Hortensia, de ESO, como padriño e madriña do acto. En representación do grupo falaron Carla, Leyre e Derech, que fixeron un repaso por anécdotas e aventuras vividas nesta escola.

 

Finalmente houbo entrega de orlas e fotos con profes, amizades e familias presentes.

 

Desde o CPI Aurelio Marcelino desexamos que todo vos vaia moi ben na vida.

Álbum: Curso 21-22 -> Acto de graduacion 4ESO

Libros de texto curso 22-23

Achegamos os librso de texto para o curso 22-23. PICADE aquí para consultar a listaxe.

AVISAMOS DE QUE NON SE DEBEN MERCAR OS LIBROS ATA QUE O CENTRO EDUCATIVO O INDIQUE.

 

Unha volta a Cuntis (Magalhaes-Elcano XI)

Despois dunha longa viaxe polo mundo, o alumnado de Educación Primaria adicouse a coñecer un pouco máis Cuntis. O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a través dun xogo de pistas e o alumnado de 5º e 6º de EP facendo unha carreira de orientación.

Aquí vos deixamos imaxes das actividades.

Álbum: Curso 21-22 -> Unha volta a Cuntis

Tenis no verán

A ANPA, no período estival, propón unha actividade gratuíta de tenis que se desenvolverá no ximnasio do colexio os mércores pola mañá.

Aquí vos deixamos o formulario para anotarse na mesma.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScXTOqLa22VUH4vj3WaY-7v6ipCnOB1aQLl_GBflkIfhq8pyg/viewform

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 22-23

A formalización da matrícula será de xeito AUTOMÁTICO para todo o alumnado do centro (non será necesario que as familias se acheguen ao centro para o proceso de matrícula), agás o alumnado que se matricule en 4º de educación infantil, o alumnado que se matricule en 3º e en 4º da ESO  e o alumnado novo que queira matricularse no noso centro por primeira vez.

  • O alumnado de 4º de educación infantil e o alumnado de nova incorporación poden pasar pola secretaría do centro a partir do luns 6 de xuño a recoller o sobre de matrícula.
  • O alumnado de 3º e 4º ESO recollerá o sobre de matrícula e demaís documentación o día 27 de xuño ás 10:00 h da mañá na súa aula de referencia.
  • Prazo de matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Prazo de matrícula para o aumnado da ESO: do 27 de xuño ao 10 de xullo
  • Lugar de presentación das solicitudes de matrícula: Secretaría do centro

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS

Segundo a normativa o prazo de reclamación ás cualificacións finais ante o centro educativo é de dous días hábiles contados dende o día seguinte á publicación das cualificacións da avaliación final.

Educación primaria:

  • Entrega das cualificacións: 22 de xuño ás 13:45 h. (abalarMóbil e boletín de cualificacións)
  • Prazo de reclamación ante o centro educativo: 23 e 27 de xuño.

Educación secundaria obrigatoria:

  • Entrega das cualificacións: 23 de xuño ás 17:00 h no abalarMóbil e 27 de xuño ás 10:00 h entregarase no centro educativo o boletín de cualificacións e demais documentación.
  • Prazo de reclamación ante o centro educativo: 27 e 28 de xuño.

Normativa de referencia:

Orde de 2 de marzo de 2021

Circular 1/2022

Orde do 25 de xaneiro de 2022

Modelos de reclamación:

Impreso de reclamación ante o centro educativo

Impreso de reclamación ante a Xefatura Territorial

Distribuir contido


by Dr. Radut