Skip to Content

MENÚ OUTUBRO

Achegamos o menú de outubro do comedor escolar.

 

Menú basal

Menú sen lactosa

Menú sen glute

INFORMACIÓN PROXECTO E-DIXGAL

Achegamos información interesante para as familias sobre o proxecto E-DIXGAL.

INICIO DO CURSO 2021-22- SECUNDARIA-

 

O mércores 15 de setembro empezamos as clases.

 

O alumnado transportado entrará ao recinto escolar a partir das 8:30h e o  alumnado non transportado entrará ao recinto ás 8:45h. Pregamos puntualidade.

 

A porta de entrada é a cancela grande que está á beira do pavillón polideportivo.

 

O alumnado non poderá entrar acompañado.

 

O primeiro día o alumnado será recibido polo profesorado titor. Os titores e as titoras encargaranse de proporcionarlle toda información que necesiten:

horarios, profesorado que imparte as materias, documentación de centro para asinar na casa, normas COVID e normas de centro.

 

A partir das 11:00h, despois do primeiro recreo, haberá clase normal. É aconsellable que o alumnado leve ao colexio o primeiro día un estoxo e un caderno.

 

As reunións cos titores e titoras levaranse a cabo o luns 27 e o martes 28 de setembro a partir das 18:00h.

Recibirán máis información ao longo da vindeira semana.

Os titores e as titoras nas ditas reunións informaranlles sobre as canles de petición de titorías.

 

Os ordenadores E-Dixgal que quedaron no centro durante o verán serán repartidos, ao alumnado, ao longo desta semana.

Os ordenadores E-Dixgal do alumnado de 3º e 4º de ESO serán repartidos a vindeira semana.

 

O horario de saída será ás 13:40h para o alumnado transportado. O resto do alumnado sairá ás 13:45h. As portas de entrada e saída son as mesmas.

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021/22

Achegamos o calendario escolar para o curso 2021/22.

 

 

VALES MATERIAL ESCOLAR

Acabamos de publicar, no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe de alumnado de ESO que solicitou axudas para a adquisición de material escolar.

 

Prazo de recollida de vales e reclamacións ás exclusións: 14, 15, 16 e 17 de setembro, en horario de 9:00h a 13:30h.

MENÚ SETEMBRO

Achegamos o menú de setembro do comedor escolar.

Menú setembro.

INICIO DE CURSO 2021-22

PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Achegamos a organización do período de adaptación na educación infantil.

Este período, seguindo a orde do calendario escolar do curso 2021-2022, abrangue desde o 9 de setembro ata o 21 de setembro. (Para consultar o período, premede na imaxe de abaixo)

COMEDOR ESCOLAR. CURSO 21-22

Informamos dos horarios e as quendas do comedor escolar durante o curso 2021-2022:

1ª QUENDA

Alumnado de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, e 5º A de Primaria

2ª QUENDA

Alumnado de 5º B e 6º de Primaria e alumnado da ESO

 

Horario de xantar: 

13:35h (Infantil), 13.40h (Primaria) – 14:20h

Horario de recollida: 14:30h

 

 

Horario de xantar: 14:30h – 15:15h

Horario de recollida: Entre as 15:15 e as 15:30h

 

Achegamos en ADXUNTO as medidas organizativas e preventivas xunto cos horarios e quendas e o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 do comedor escolar para o curso 21-22.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR. CURSO 2021 - 2022

A continuación achegamos a listaxe definitiva de alumnado admitido no servizo de comedor escolar para o curso 2021/22. Preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut