Skip to Content

INICIO DO CURSO 2021-22- SECUNDARIA-

 

O mércores 15 de setembro empezamos as clases.

 

O alumnado transportado entrará ao recinto escolar a partir das 8:30h e o  alumnado non transportado entrará ao recinto ás 8:45h. Pregamos puntualidade.

 

A porta de entrada é a cancela grande que está á beira do pavillón polideportivo.

 

O alumnado non poderá entrar acompañado.

 

O primeiro día o alumnado será recibido polo profesorado titor. Os titores e as titoras encargaranse de proporcionarlle toda información que necesiten:

horarios, profesorado que imparte as materias, documentación de centro para asinar na casa, normas COVID e normas de centro.

 

A partir das 11:00h, despois do primeiro recreo, haberá clase normal. É aconsellable que o alumnado leve ao colexio o primeiro día un estoxo e un caderno.

 

As reunións cos titores e titoras levaranse a cabo o luns 27 e o martes 28 de setembro a partir das 18:00h.

Recibirán máis información ao longo da vindeira semana.

Os titores e as titoras nas ditas reunións informaranlles sobre as canles de petición de titorías.

 

Os ordenadores E-Dixgal que quedaron no centro durante o verán serán repartidos, ao alumnado, ao longo desta semana.

Os ordenadores E-Dixgal do alumnado de 3º e 4º de ESO serán repartidos a vindeira semana.

 

O horario de saída será ás 13:40h para o alumnado transportado. O resto do alumnado sairá ás 13:45h. As portas de entrada e saída son as mesmas.

 

 

 



book | by Dr. Radut