Skip to Content

5X. RECOLLIDA DE TAPÓNS. (VOLUNTARIADO MIÚDO IV)

Para a conmemorar o Día Mundial do medio ambiente, unha das actividades do Plan Proxecta de Voluntariado miúdo foi a recollida de tapóns solidarios polas aulas de infantil e primaria. Colaboramos coa Fundación Amigos de Galicia que desenvolve a campaña  “Conectad@s” destinada ao pago de ordenadores, táblets e conexión a internet para menores galegos en idade escolarizada co obxectivo de loitar contra a brecha dixital actual que viven moitas familias galegas con escasos recursos. 

5X. A RAP DO RECICLAXE (QUE ARTE TES! CAPÍTULO VI)

Para conmemorar do día mundial do medio ambiente e para despedir o traballo do tema transversal deste curso, ao alumnado de 2ºA doulle por facer un rap que podedes ver a continuación.

Por outra banda, o alumnado de 1º traballou a mobilidade sostible, a través dun circuíto de educación viaria.

 

 

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2021-22

A formalización da matrícula será de xeito AUTOMÁTICO  para todo o alumnado do centro (non será necesario que as familias se acheguen ao centro para formalizar a matrícula), agás o alumnado que se matricule en 4º de educación infantil, o alumnado que se se matricule en 3º e 4º ESO e o alumnado novo que queira matricularse no noso centro por primeira vez.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • En Educación Infantil e en Educación Primaria: do 22 de xuño ao 30 de xuño.
  • Na ESO: do 28 de xuño ao 12 de xullo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Secretaría do centro.

 O alumnado de nova incorporación ao centro pode pasar a recoller a documentación na secretaría do centro.

Ao alumnado de 3º e 4º de ESO entregaráselles o formulario de matrícula xunto co Consello orientador o día 25 de xuño ás 11 da mañá.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

O mércores 10 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha xornada de xogos tradicionais onde practicaron a chave, os bolos celtas e a estornela.

A actividade estaba incluída no programa XOGADE, de deporte escolar.

Vídeo Proxecto: " A Localidade" (VOLUNTARIADO MIÚDO III)

Os nenos e nenas de 1º participaron durante este curso no Plan Proxecta “Voluntariado Miúdo”.
Participaron na recolecta de lixo no cole e arredores sendo membros das “Brigadas da Limpeza” á vez que aprendían moitas cousas sobre a localidade.
Deixámosvos o vídeo presentación do seu proxecto “A Localidade”.

17M. AS LETRAS DE XELA ARIAS. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO V)

Achegamos diferentes propostas nas que relacionamos o tema transversal "Que arte tes?" co día das letras galegas adicado a Xela Arias.

A arte que practicou, nesta conmemoración, o noso alumnado foi a música. A continuación deixamos exemplos de como traballamos:

  • Coreografía do tema "Intemperiome" de A Banda da Loba por 5ºA:

  • Recitado de "Cristal", poema de Xela publicada na "Festa da palabra silenciada" (1987) por 5ºB:

  • Percusión corporal con "Darío a Diario"por 4º A:

  • Instrumentación doutro poema de "Darío a diario"por 4ºB:

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO

Acabamos de publicar a listaxe definitiva de alumnado admitido de nova incorporación ao centro para o curso 2021/22.

Esta listaxe pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro, no teléfono 886151222 ou no enderezo electrónico cpi.aurelio.marcelino@edu.xunta.gal

SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o curso escolar 2021/22.

 PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

 FONDO LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Destinado ao alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial. 

* O alumnado incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 (5º e 6º de primaria e 1º,2º,3º e 4º de ESO) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

28 A. DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA.

O mércores 28 de Abril celebramos no cole o "Día da Educación física na rúa".

As actividades nas que participamos foron moi variadas: o alumnado de ESO competiu nunha carreira de orientación, os/as máis pequenos/as  fixeron un percorrido con diferentes probas, os do 1º ciclo participaron en diferentes xogos na praza que combinaban actividade física e pericia, o/as de 2º ciclo xogaron ao "cachibote" e o alumnado de 3º ciclo xogou ao twincon (un xogo alternativo de nova implantación).

29A. DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. (VOLUNTARIADO MIÚDO II)

O xoves 29 de abril conmemoramos o DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL xunto co centro de día de Cuntis. Fixemos un encontro virtual onde os alumnos e alumnas de 2º de primaria agasallaron aos nosos maiores co recitado dun poema e cunhas chapas feitas por eles mesmos, mentres que dos usuarios do centro de día recibimos unhas preciosas marionetas elaboradas con material reciclado. Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: "Voluntariado miúdo"

 Aquí tedes algunhas fotos da actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut