Skip to Content

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia establece no punto 11.5. que con caracter xeral, e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requerida polo proipio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo.

Polo tanto establecemos un horario específico para a atención ás familias non coincidentes con horarios de entrada, saída, recreos ou intercambios de clase.

O horario de atención ao público será de 9:15h a 10:30h.

NOVAS DATAS DE INICIO DE CURSO PARA ESO

Como comunicou a Consellaría no seu web o pasado venres 11 ás 14.18 da tarde, o inicio de curso en ESO foi adiado para os días 23. 24 e 25 de setembro, graduados da seguinte maneira:

  • 1º ESO e 2º ESO:  23 de Setembro
  • 3º ESO:                  24 de Setembro
  • 4º ESO:                  25 de Setembro

 Se hai novidades ao respecto anunciarémolas en canto poidamos.

PERIODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Publicamos as quendas e os horarios dos grupos do periodo de adaptación da educación infantil. Lembramos que este período abrangue desde o 10 de setembro ata o 30 de setembro.

4ºA de educación infantil

4ºB de educación infantil

 

NORMAS E QUENDAS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Informamos das normas que rexen no comedor escolar durante o curso escolar 2020-2021, unha vez adaptadas ao protocolo COVID.

INFORMAMOS DOS HORARIOS E QUENDAS DO COMEDOR DENDE O LUNS 14 ATA O MARTES 22 DE SETEMBRO

Pedimos desculpas ás familias afectadas polos cambios de quenda.

Achegamos en ADXUNTO a normativa, as quendas e os horarios.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PROTOCOLO COVID-19

No día de hoxe comezamos a ter xuntanzas presenciais coas familias para comentar convosco a aplicación do protocolo COVID no centro.

Unha vez comprobado que os tempos das xuntanzas e o necesario entre elas para desinfección son os adecuados, publicamos os horarios das seguintes, das que tamén seredes informadxs vía TokApp ou telefónica:

 Día 7 de setembro:

  • 2º de Educación Primaria: 9:00h
  • 4º A de Educación Primaria: 10:00h
  • 4º B de Educación Primaria: 11:00h
  • 3ºA de Educación Primaria: 12:00h
  • 3ºB de Educación Primaria: 13:00h.
  • 1º de Educación Secundaria: 16:30h.
  • 2º de Educación Secundaria: 17.30h.

 

Día 8 de setembro:

  • 1ºA de Educación Primaria: 9:00h
  • 1ºB de Educación Primaria: 10:00h
  • 5ºA de Educación Primaria: 11:00h
  • 5ºB de Educación Primaria: 12:00h
  • 3º de Educación Secundaria: 13.00h
  • 4º de Educación Secundaria: 16.30h

Para evitar aglomeracións e cumplir as indicacións do protocolo COVID será preciso:

  • Unha persoa por familia, sen alumnado acompañando.
  • Vir provistos/as de máscara.
  • Esperar fóra do centro a ser chamados/as.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. PROTOCOLO COVID-19

 Debido á situación sanitaria por causa da COVID-19, e seguindo o establecido polo Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19as normas que aplicaremos durante a celebración das probas extraordinarias de Setembro son as que seguen:

  • O alumnado debe asistir ás probas con máscara. Lembrade que en caso de non traela non vos podemos deixar acceder ao recinto escolar.

  • O alumnado debe traer todo o material necesario para a proba, fóra papel (bolígrafo, lapis, goma ou o que precisades para Educación Plástica, por exemplo). Ese material non pode ser compartido con compañeirxs (nada de “quen me deixa un tipex?”).

  • O alumnado agardará fóra do recinto a ser chamado polo profesorado encargado da proba. Accederá en fileira mantendo a distancia de seguridade.

  • Na entrada do centro haberá instalada unha mesa-Covid con xel desinfectante que deberá ser utilizado antes de entrar.

  • Para circular polos corredores do centro debe ser utilizado sempre o lado dereito e seguir a sinalización marcada no chan.

  • Chegadxs á aula, cada alumnx ocupará un lugar, do que non poderá moverse até acabar a proba. Se usa panos desbotábeis, deberá depositalos na papeleira-COVID que haberá nas aulas.

  • Na aula só o profesorado pode subir e baixar persianas, abrir xanelas ou apagar/prender luces.

  • Unha vez acabada a proba cada alumnx abandonará o centro respectando as indicacións anteriores.

  • Ante calquera dúbida sobre como actuar, preguntade ao profesorado antes de facer.

Polo ben de toda a comunidade, e pensando nas persoas de risco que conviven connosco, pedímosvos que colaboredes e tomedes con seriedade estas indicacións.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR. CURSO 2020-2021.

A continuación achegamos a listaxe definitiva de alumnado admitido no servizo de comedor escolar para o curso 2020/21. Preme aquí.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA

Acabamos de publicar a listaxe definitiva do alumnado de Educación Primaria beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/21.

 A listaxe podédela consultar no taboleiro de anuncios do centro.

A listaxe definitiva de Educación Secundaria sairá publicada no mes de setembro.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

RECOLLIDA DE VALES

- VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO(1º E 2º DE PRIMARIA).

- VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR(PRIMARIA E ESO).

DATAS DE RECOLLIDA:15,16 E 17 DE XULLO.

HORARIO: DE 10:00 A 13:00 HORAS.

RECOMENDAMOS CHAMAR PREVIAMENTE AO CENTRO EDUCATIVO (886151222), PARA INFORMARSE SE SON BENEFICIARIOS/AS DOS VALES PARA A ADQUISICÓN DE LIBROS E/OU MATERIAL ESCOLAR.

- Pregamos que asista unha soa persoa para a recollida dos vales; o pai, nai, titor/a legal ou persoa autorizada. A persoa autorizada deberá presentar o formulario de autorización xunto coa fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a legal e o DNI da persoa autorizada. Descarga formulario de autorización.

 

As familias que non poidan recoller os vales nas datas sinaladas, farano no mes de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO DE LIBROS CURSO 2020/21

A listaxe provisional de admitidos e exluidos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/21 está publicado no taboleiro de anuncios do centro.

Prazo de reclamacións á listaxe provisional: 13 e 14 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut