Skip to Content

CONCELLO DE CUNTIS. SERVIZO DE FOTOCOPIAS.

 
O CONCELLO DE CUNTIS PON EN MARCHA UN SERVIZO GRATUÍTO DE IMPRESIÓN E ENTREGA A DOMICILIO DE DEBERES, APUNTES E TRABALLOS ESCOLARES.
  • O Concello busca con este servizo que o confinamento afecte o menos posible á docencia nos fogares
  • As persoas que precisen facer uso do servizo deben enviar a documentación para imprimir ao correo. cultura@concellodecuntis.es ou Whatsapp, e indicar por whatsapp no número ‪687 49 75 91‬ o nome e  a dirección do alumno

 

TRABALLO COMPLEMENTARIO 1º EP (3ª SEMANA)

Achegamos a proposta de traballo complementario para 1º de EP.

Traballo complementario (3ª semana)

TRAMITACIÓN DE AXUDAS A USUARIOS/AS DO COMEDOR. COVID 19.

INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DE AXUDAS DE COMEDOR CONSECUENCIA DO COVID-19

Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso son usuarios gratuítos ou semigratuítos dun euro no comedor escolar do centro.

O prazo de tramitación das solicitudes comeza o martes día 31 de marzo, e remata o luns 6 de abril, ambos os dous incluídos.

  • A solicitude deberá tramitarse obrigatoriamente a través da sede electrónica na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal utilizando a Chave 365 ou un certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
  • No caso de que non dispoñan de acceso electrónico ou Chave 365 ou similar, poderán solicitar a nosa colaboración:
    • Podedes enviar a solicitude (PREMER AQUÍ PARA DESCARGALA) ao centro educativo a través do noso enderezo electrónico (cpi.aurelio.marcelino@edu.xunta.es) engadindo como asunto do correo “Axuda Comedor”. Na mensaxe debedes facer constar a intención de solicitar a axuda e os vosos datos (Nome e apelidos do/s usuarios/as do comedor e dos seus proxenitores, DNI, e datos bancarios), para o que podedes utilizar o modelo de solicitude establecido pola Consellería.
    • As familias con máis dificultades de acceso electrónico podedes facer a solicitude mediante chamada telefónica en horario de 9:00 a 13:00 horas. O centro educativo poderá formular as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor.
  • A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar.

 Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697

 

TRABALLO COMPLEMENTARIO ÁREA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS. 4º e 6º EP.

Achegamos traballo complementario da lingua estranxeira(inglés) para esta 3ª semana de confinamento.

Traballo para 4º e EP:

Actividade 1

Actividade 2

Actividade 3

Traballo para 6º de EP:

Actividade 1

Actividade 2

Actividade 3

TRABALLO COMPLEMENTARIO LINGUA ESTRANXEIRA EDUCACIÓN INFANTIL, 1º , 2º E 3º EP.

Achegamos o traballo complementario da área de lingua estranxeira: inglés para o alumnado de Educación Infantil 1º, 2º e 3º de EP.

Actividades on line e worksheets

Fichas imprimibles para 1º EP

Fichas imprimibles para 2º EP

Fichas imprimibles para 3º EP

TRABALLO COMPLEMENTARIO DE RELIXIÓN CATÓLICA EP.

Achegamos a proposta de tarefas da área de relixión católica en Educación Primaria.

Proposta de traballo complementario.

 

PROPOSTA DE TRABALLO DA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

As mestras de Educación Infantil queremos que saibades dende a suspensión das clases estamos a poñer no BLOGUE suxerencias, actividades, recursos, etc..., que podedes utilizar de xeito totalmente voluntario para facer máis levadeiros estes días na casa cos vosos/as nenos/as.
 
Tamén podedes deixarnos algún comentario de carácter educativo e/ou escolar no Blogue ou no correo electrónico profesdeinfantil1@gmail.com.  que respostaremos en canto nos sexa posible.
 
O blogue aparece na marxe dereita desta páxina e tamén neste enlace.
 

TRABALLO COMPLEMENTARIO 1º DE EP

Achegamos a 2ª quenda de traballo para o alumnado de 1º de EP.

Traballo complementario de 1º de EP.

TRABALLO COMPLEMENTARIO ÁREA DE MÚSICA EP.

1. Recomendación xerais:

Como recomendacións xerais da área de música propoñemos:

  •         Escoitar música e cantar. Escoitar calquera tipo de música : cancións infantís, populares, tradicionais da nosa cultura, clásicas ou actuais e de diferentes estilos musicais.

  • Ao mesmo tempo que escoitan música, poden cantar as cancións e/ou aprender a letra dalgunha delas.

2. Recomendacións 1º e 2º EP.

 Un bo xeito de pasar estes días tamén é facendo unha manualidade musical, por exemplo, unhas maracas. Trátase de crear os nosos propios instrumentos con materiais de refugallo, e hai  moitas formas de elaborar e decorar as nosas propias maracas. Existen moitos vídeos titoriais na web, aínda que sería moi interesante deixar voar a vosa imaxinación…

 

2.1 Recomendación específicas para 1º EP

Propoñemos a aprendizaxe da canción tradicional maorí “EPO I TAI”. No seguinte vídeo podedes escoitar e aprender a melodía coa letra, e practicar tres ritmos distintos propostos.

Epo tai con percusión

  Epo e tai tai e…
Epo e tai tai e…
Epo e tuqui-tuqui epo
E tukki tukki epo
E tukki-tukki e

 -     Outras tarefas que achego son as seguintes fichas de repaso de conceptos traballados na aula:

2.2 Recomendación específicas para 2º EP

Podedes practicar con percusión corporal a canción da BSO de “Harry Potter y la Piedra Filosofal”, de John Williams. Fixádevos no código das partes do corpo ao principio do video para poder seguir o musicograma.

 

 3. Recomendacións 3º e 4 de EP.

Ademais do traballo coa frauta doce que xa está subido á  páxina web do centro, e das recomendacións xerias, achégovos tarefas para ir traballando durante estas semanas.

 3.1. Recomendacións específicas para 3ºEP.

 Achego dúas fichas de repaso:

- SI e DO

- Instrumentos de percusión

 3.2. Recomendacións específicas para 4ºEP.

Achego dúas fichas de repaso:

- Traballamos os compases

- As figuras musicais

4. Recomendación 5º e 6º de EP

Ademais do traballo indicado polo TokApp (práctica coa frauta doce e repaso dos contidos traballados na aula) e das recomendacións xerais achégovos tarefas para continuar traballando durante estas semanas

 4.1. Recomendacións específicas para 5ºEP.

Achego dúas fichas de repaso:

- Signos de prolongación dos sons

- Figuras musicais-equivalencias

 4.2 Recomendacións específicas para 6ºEP.

  Achego dúas fichas de repaso:

- Completar compases

- Figuras musicais-equivalencias

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut