Skip to Content

APRENDE A SALVAR VIDAS.

"Este venres 18 de outubro, no CPI Aurelio MArcelino Rey García,. o alumnado de 4º e 5º de EP asistimos a un curos de "Primeiros Auxilios", organizados pola Cruz Vermella.

Aprendemos moitoas cousas como o número de Emerxencias (112) ou a maniobra de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP), que consiste en reanimar a unha persoa que estea inconsciente. Esta maniobra lévase a cabo poñendo as mans entrelazadas no centro do peito e presionando co peso do corpo ao ritmo de Macarena unhas 30 veces.

Ademais, aprendemos a posición lateral de seguridade. Trátase de colocar un brazo de forma adecuada e outro enriba do peito, logo dobrar unha perna e aproveitar esta posición para agarrar do ombreiro e da perna e xirar á persoa cara a un lado. Adóitase empregarcon persoas que presentan vómitos.

Por outra parte, a técnica presentounos a técnica de Heimlich, que se usa para conseguir que unha persoa atragantada expulse o alimento. Realizase animando a tusir, desposis propicianse golpes nas costas.Se non funciona, circúlase aá persoa cos brazos dun e co nudillo dunha man pechada, presiónase no estómago cara a adentro e cara a arriba.

Tamén se explicou como deter unha hemorraxia nasal. Sen dúbida, son técnicas moi importantes poara axudar a salvar vidas"

Texto realizado polo alumnado de 4ºA.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

A continuación achegamos o calendario escolar para o curso 2019-2020

 

SEMANA DO CLIMA

O alumnado do CPI Aurelio Marcelino Rey García particiou das propostas da semana mundial polo clima con diferentes actividades. Entre outras, realizaron carteis en francés e en galego.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra destas actividades:

MENÚ DE OUTUBRO 2019

A continuación picando na ligazón podedes consultar o menú de Outubro.

Menú basal

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (SECUNDARIA). LISTAXE PROVISIONAL

A continuación pasamos a publicar a lisatxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros.

O prazo de reclamación é ata o luns 16 de setembro.

 

Premede no seguinte enlace:

Listaxe provisional

MENÚ DE SETEMBRO 2019

Premede para consultar o menú do comedor.

Menú basal (sen alerxias)

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A continuación publicamos o período de adaptación para o alumnado de 4º de Educación Infantil.

Premede na imaxe para consultalo

 

 

REUNIÓN INFORMATIVAS COAS FAMILIAS

O equipo docente do CPI ten previsto realizar reunións informativas coas familias antes de comezar o curso:

LUNS 9 de setembro:

  • FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL 10:00 h no salón de usos múltiples (ao rematar reunión coas titoras de cada nivel).

 

MARTES 10 de setembro:

  • FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 12:00h no salón de usos múltiples (ao rematar reunión cos/as titores/as de cada nivel).

 

MARTES 10 de setembro:

  • FAMILIAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA E-DIXGAL: 12:30H no salón de usos múltiples (SÓ FAMILIAS de 5º de EP e  1º da ESO).

COMEDOR ESCOLAR 2019-2020

Publícanse:

Todas as familias, de alumnado admitido provisionalmente, deben recoller, na secretaría do centro, o modelo de autodeclaración (anexo II) e entregalo, debidamente cumplimentado, antes do venres 6 de setembro.

 

 

VALES PARA AXUDA COMPRA DE LIBROS 1º E 2º EP E MATERIAL ESCOLAR.

Vense de aprobar:

  • Por un lado, os vales de axuda de libros para 1º e 2º de Educación Primaria
  • Doutra banda, os vales de axuda para mercar material escolar.

Podedes poñervos en contacto co centro para retiralos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut