Skip to Content

MENÚ DE MAIO

Achegamos os diferentes menús de maio do comedor escolar.

Menú de maio (basal)

Menú sen glute

Menú sen glute e sen lactosa

 

23A. DÍA DO LIBRO.(VOLUNTARIADO MIÚDO I)

O venres 23 de abril tocaba no cole conmemorar o día do libro.

O alumnado de 4ºB de Educación Infantil, que participa no plan Proxecta: "Voluntariado miúdo", ilustrou e narrou o conto: "O señor Ramón e a señora Ramona" que compartiron cos/as usuarios/as do centro de día de Cuntis. Abaixo podedes botarlle un ollo.

 

Os usuarios do centro de día agasallaron a este alumnado cun xogo de memoria feito por eles mesmos.

 

Desde o equipo de biblioteca propuxeron unha actividade inspirada na obra de Ray Bradbury, Fahrenheit 451, na que nun mundo futuro os libros están prohibidos e o corpo de bombeiros é o encargado de localizalos e queimalos, propuxemos ao alumnado que nos diga QUE LIBRO(S) SALVARÍA. Aquí vos deixamos algunha foto da mesma.

Por outra banda, o alumnado do club de lectura foi ás aulas de Educación Infantil a contarlle "Ola, son un becho bola!".

 

VISITA Á ESCAVACIÓN DE CASTROLANDÍN

Soubemos pola Fundación Terra Termarum que andaba estas semanas un equipo de arqueoloxía de campaña en Castrolandín. Fomos convidadas a visitar o espazo e coñecer da man das persoas responsábeis a importancia do xacemento e a finalidade da escavación actual.

Finalmente, puideron ser organizadas visitas con charla para todo o alumnado da ESO. Entre a semana pasada e esta aproveitaron parte da mañá para ir de paseo até o castro e recibir unha charla por parte do director da campaña, o arqueólogo Carlos Otero.

Ademais, algúns dos grupos de EP, aínda que non puideron ser recibidos polo equipo, subiron para velos traballar.

Nas charlas o alumnado mostrou interese e curiosidade por saber máis dun dos elementos patrimoniais máis importantes do Concello. Ao tempo, o grupo de 2ºB está a gravar un documental onde nos contarán que aprenderon estes días.

 

 

MENÚ DE ABRIL

ArtistA convidada: Rosa Herraiz Cabanas

Dentro das actividades centradas no 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, convidamos a que visitase o centro a Rosa Herraiz, Cabanas, rosadecabanas. 

Rosa Herraiz, que é de Ouzande, unha parroquia lindante con Cuntis, podía contarnos a súa experiencia como traballadora en dúas das grandes artes: a arquitectura e a pintura (deseño e ilustración). Así que xuntámola co grupo de 4ºESO que, ademais, podía ir apaññando ideas para escoller a súa profesión do futuro. 

Rosa compartiu co grupo a súa traxectoria tanto de estudos como laboral, e como o feito de ser muller afectou a ese camiño.  

 

 

 

8M: temos artistAs. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO III)

Como todos os anos, no centro argallamos algunha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que estendemos a toda a semana do 8 de marzo. 

Como o tema transversal deste curso é E ti, que arte tes?!, centrámonos nas artistAs. Andamos a investigar e demos cun grupo de mulleres, que sendo boas nas diferentes disciplinas artísticas, foron discriminadas, en especial, de dúas maneiras: porque algún home do seu entorno puxo nome aos traballos delas (artistas Roubadas) ou porque abandonaron a súa actividade para dedicarse á familia ou á carreira artística dos compañeiros (artistas na sombra). 

Preparamos exposición de fondos da biblioteca, actividades para facer nas clases e un par de xogos na entrada do centro. 

 

 

 

 

 

Encontro con EVA MEJUTO

 

 

O alumnado de 2ºESO tivo como lectura obrigatoria de Lingua Galega a obra 22 segundos, de Eva Mejuto. 

Unha vez lida e examinada anovela e superadas todas as corentenas, o grupo tivo a oportunidade nde coñecer a autora e conversar con ela sobre impresións e dúbidas que lle causou a lectura. 

Por causa da situación epidemiolóxica, o encontro houbo de ser online, aínda que teríamos gostado de que a escritora puidese coñecer a nosa escola e a nosa biblioteca. 

O alumnado gostou de coñecer unha autora de verdade e de que esta lle contase as entreliñas dos seus libros. 

 

 

24F. Día de Rosalia

 Celebramos o nacemento de Rosalía facéndolle unha ofrenda floral coas aportacións artísticas do alumnado.

Os máis pequechos fixeron o retrato ao seu xeito.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, que se celebrou o pasado xoves 11 de febreiro, recibimos a través de videoconferencia a visita “virtual” de Nerea Mosquera Garrote, licenciada en Biotecnoloxía pola Universidade de León e doutora en Medicina Molecular pola USC.A conferenciante falou da súa traxectoria profesional como muller científica e investigadora. A actividade tivo lugar de 15:30 a 16:20 horas para 3º ESO e de 17:10 a 18:00 para 4º ESO. Quedamos moi agradecidas á ponente pola súa amabilidade e dispoñibilidade.

 

 

BOTA UN OLLO A NOSO COLE

Distribuir contido


by Dr. Radut