Skip to Content

Convocatoria PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA curso 2022/23

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23

Extracto informativo

Ligazón á aplicación informática "PremiosEdu"

Ligazón á Sede electrónica

* Folla resumo (actualizado)

 

- Anexo I_Solicitude

- Anexo II_Reclamación ás puntuacións

- Anexo III_Solicitude datos bancarios

"CUNTIS NOMEADO": A NOSA TERRA XII

Achegamos os resultados da terceira ronda de revisión do Certame CUNTIS NOMEADO.

Neta ocasión temos achegas das parroquias de Estacas (13), Cequeril (3) e Santa María dos Baños (atención: 78!) . Andan nos lugares de Magán, Mesego e Zo a rexistrar con loucura (ben!)

Recapitulando: temos 4 parroquias que xa rexistraron nomes que antes non aparecían e temos 4 parroquias que aínda non se estrearon. Continúa a encabezar a clasificación Santa María de Cuntis, cun total de 85 lugares novos.

Seguen os días longos e de bo tempo, que dan para pasear polos nosos lugares e aproveitar para rexistrar topónimos.
Vai acabando o certame e cada vez queda menos tempo para que todas as parroquias fagamos algunha achega!!

Xornada de Badminton (3º e 4º da ESO)

O martes 23 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha xornada con alumnado do IES nº1, IES Manuel García Barros e do Colexio Nosa de Lourdes de A Estrada que xirou arredor do deporte do badminton.

Esta xornada está enmarcada dentro do programa XOGADE de deporte escolar e foi organizada pola Agrupación Deportiva Escolar de A Estrada.

Podedes ver algunhas fotos da xornada abaixo.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Badminton XOGADE ESO

SPRINGWEEK. 3º ESO

Nervios, alegría, entusiasmo, incertidume…o pasado domingo 30 de abril, a rapazada de 3ºESO partíu rumbo Os Peares cheos de emocións. Diante tiñan unha aventura de 7 días de inmersión lingüística xunto a mozas e mozos de diferentes centros educativos da comunidade galega, guiados por instrutores de moi diversas nacionalidades. O río Sil e o Miño foron os testigos dunha intensa pero gratificante aventura, con milleiros de actividades e proxectos en inglés. Logo de compartir tantas vivencias con xente de todas os currunchos de Galicia e do mundo, a despedida fíxose dura. O sábado 6 de maio tocou voltar para o pobo, coa amargura de decir adeus, pero co corazón cheo de ledicia por todo o vivido e coa promesa dun novo reencontro con toda esa xente que fixo desta experiencia un recordo inesquecible.

Se queredes ver as fotos desta actividade podedes entrar na seguinte ligazón, introducindo a contrasinal que foi enviada aos participantes da actividade: https://centropeares.es/spring-week-quenda-3

 

Premios Videopoemas

Na foto podedes ver todas as persoas finalistas do Concurso de videopoemas da Casa museo de Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo), a onde fomos o sábado 13 de maio de 2023.
Están acompañados do xurado do certame, á esauerda na parte superior, o realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista Eduardo Álvarez González e a profesora e guionista Anxa G. Refoxo.
Na seguinte ligazón podedes ver a noticia relacionada co evento:
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm;jsessionid=80DAEAAE482889F18E47A25213183A37

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaba de publicar a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

* Extracto informativo

* Ligazón á aplicación Fondolibros

* Ligazón á Sede electrónica

Lecturas no rural: A nosa Terra XI.

Ao longo da semana do 15 ao 20 de maio desevolveuse esta actividade que se desenvolveu en diferentes lugares da parroquia de Cuntis.

Esta actividade consistía en que o alumnado de todo o centro realizaba lecturas abertas para os habitantes das diferentestes parroquias.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da actividade.

Álbum: Curso 22-23 -> Lecturas no rural

"A Nosa Terra XII": 1º Serán das Letras:

O pasado 16 de maio gozamos no I Serán das Letras, unha festa aberta a toda a comunidade educativa para conmemorar o Día das Letras Galegas.

No serán, a veciñanza dun lugar xuntábase, habitualmente despois dun traballo colectivo, para merendar. Saían os instrumentos que houbese (pandeiretas, gaitas, cunchas, culleres…) e cantábase e bailábase.

Como estamos a acabar un curso no que adicamos tempo a traballar o mundo rural pareceunos boa idea recuperar esta maneira de compartir tempo de ocio e diversión.

Tamén nos veu á cabeza porque un dos primeiros libros do autor homenaxeado este ano,  Francisco Fernández del Riego, leva por título Danzas Populares Gallegas (Buenos Aires, 1950) e recolle información sobre todo tipo de intrumentos, músicas e bailes tradicionais galegos.

O alumnado de 3º EP, 4º EP e 6º EP preparou unhas danzas tradicionais para compartilas connosco.

Por outra banda, convidamos aos dous grupos de música tradicional que temos en Cuntis, dos que forma parte alumnado do centro. O grupo Hai que roelo ( https://www.facebook.com/people/Grupo-Folcl%C3%B3rico-Hai-que-Roelo/100063714213877/ ) trouxo a formación musical con gaitas tamboril e pandeireta e botou unhas pezas e aAgrupación municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis (https://www.facebook.com/AMMBTC/ ) preparou uns cantos con pandeireta e uns bailes.

Aos dous grupos agradecemos enormemente que aceptaran o convite.

As familias trouxeron merenda para compartir, Contamos cun recanto de xogos populares e estivemos até as oito da tarde xogando, bailando e comendo.

Pasámolo moi ben!!

Iso si, para o ano mesmo pode ser que teñamos que mudar o nome: un paxariño contounos que nesta zona non se lle di serán, senón foliada ou ruada. Que sabedes nas casas?

Álbum: Curso 22-23 -> Serán da lingua

Unha experiencia con acento inglés (Inmersión Lingüística en Asturias)

 Do 8 ao 12 de maio, un grupo de alumnos de segundo da ESO e algúns de primeiro viviron unha inmersión lingüística en inglés en San Juan de la Arena(Asturias)

Cinco días onde o alumando desfrutou dunha experiencia de convivencia intensa na que o inglés foi a súa lingua de comunicación, realizando actividades participativas e activas e gozando dunha actividade de surf.
Unha experiencia chea de aprendizaxe e emocións, para non esquecer!.
Álbum: Curso 22-23 -> Inmersión Lingüística en Asturias

Listaxes definitivas admisión alumnado 203-2024

Dende hoxe, as listaxes definitivas de alumnado para admisión no curso 2023-2024 xa se poden consutar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e telemáticamente a través da aplicación " admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut