Semana do libro 2017

Na semana o 18 ao 21 de abril o alumnado de Educación Infantil celebrou a Semana do Libro cunha actividade diferente: un convite ás familias dos nosos/as cativos/as para compartir con nós a lectura dun conto que lles gustara ou dunha historia que lles lembrase algo especial. 

Moitas grazas aos papás e mamás por vir contarnos as vosas historias, compartir con todos un chisquiño do voso tempo e facer desta actividade unha experiencia tan bonita para os/as vosos/as fillos/as.

Premede nestas imaxes para ver algún dos momentos que vivimos nas nosas aulas.

   

    

Saída a Pontevedra. Teatro Fetén, Fetén.

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu o xoves aLa maravillosa historia del violín trompeta” de Fetén Fetén no auditorio Afundación de Pontevedra. Neste espectáculo recórrense as diferentes culturas e ritmos da música popular europea do s.XX, pero ademais, pódense ver como vasoiras, serras, utensilios de cociña, cartóns de leite... se convirten en instrumentos musicais.

Despois do teatro, visitamos a exposición fotográfica «Oficios entre lusco e fusco» no Café Moderno. O obxectivo desta mostra é reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa. Tamén realizamos un obradoiro de tipografía.

Premede na imaxe e poderedes ver algunhas fotos da saída.

                                

Intercambio co IES La Vaguada de Zamora

Estes días de abril, do 19 ao 21, foron os/as profesores/as do noso centro os/as que visitaron o IES La Vaguada de Zamora co que estamos a participar nun intercambio sobre INNOVACIÓN METODOLÓXICA no marco do Programa Observa_Acción, que organizan as Consellarías de Educación de Castela León e Galicia, para o que foi seleccionado o noso centro canda outros 4 de Galicia.
Premede na imaxe e veredes unha referencia da prensa zamorana:

                  

RCP na aula

Este martes 18 de abril profesorado e familias compartiron unha xornada de formación en primeiros auxilios no noso colexio. Velaquí vos deixamos unhas fotos da xornada organizada polo departamento de Educación Física e un enlace ao blogue deste departamento onde podedes consultar máis actividades que estamos a facer no centro.

                                                        

https://cuntiscaminodesaude.wordpress.com/2017/04/19/rcp-na-aula/

Felices Pascuas California

O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria está facendo unha actividade nas aulas de língua inglesa de intercambio de correspondencia cun grupo de rapaces e rapazas dun centro de California, Estados Unidos.
Motivados/as polas cartas que recibiron dos seus amigos/as americanos/as decidiron escribirlles outras para os raparigos e raparigas da alá. Ademáis, coa axuda da teacher Ana e da nosa auxiliar de conversa Celina, tamén se animaron a facerlles uns vídeos desexándolles unha Boa Pascua.
 
No seguinte enlace podedes ver as fotos e vídeos: https://youtu.be/xGl7A7-HtFY

"Piggy Book" ou o noso "Libro dos Porcos"

O alumnado de 3º de Educación Primaria traballou valores a través dun conto polo Día Internacional da Muller. Despois os/as alumnos/as elaboraron e leron para os/as pequechos/as de Educación Infantil o seu propio conto bilingüe "Piggy Book", "O libro dos Porcos". 

Premede nesta imaxe para ver o vídeo-conto que fixemos o alumnado da Sección Bilingüe de 3º de Primaria do noso centro e algunhas fotos que sacamos.  

                 

                                VIDEO-CONTO                                                   FOTOS

Día Mundial da Saúde no CPI de Cuntis

O alumnado de segundo curso de primaria ven de participar nun concurso de Debuxos Saudables organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis ao abeiro do DÍA MUNDIAL DA SAUDE celebrado o 7 de abril. O debuxo gañador resultou ser o de Irene Janire Blanco Villanueva de 2ºB co que o concello fará un díptico informativo do Día Mundial da Saúde.

Velaquí tendes a imaxe do debuxo gañador no que podedes premer para ver algunhas fotos do acto de entrega duns agasallos aos/as alumnos/as participantes no concurso por parte de Julia, a Técnica de Prevención do Concello. 

                                             

Excursión 4º ESO 2017

Esta semana voltaron da excursión de final de etapa os/as alumnos/as de 4º da ESO do noso centro. Despois de visitar Barcelona, Mallorca, Roma, Pisa, Florencia, Xénova e Marsella chegaron moi cansados/as pero tamén moi cheos/as de experiencias, anécdotas e recordos para sempre desta viaxe compartida cos seus compañeiros/as.

Premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos podedes botarlle un ollo aos lugares que visitaron.

              

Listaxe Provisional de Admitidos/as para o curso 2017-2018

De acordo co establecido na Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado e a Orde do 25 de Xaneiro que a modifica (DOG do 1 de febreiro de 2017) procedemos a facer pública a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS para o curso 2017-2018.

Informámoslles que poderán formular reclamacións no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no propio centro escolar. 

Ponlle as Pilas ao teu Bocata 2017.

No día de hoxe tivemos unha visita moi agardada por todos/as os/as participantes no Programa dos Plans Proxecta "Aliméntate Ben", os xa famosos bocatas de Ponlle as Pilas ao teu Bocata que podemos degustar grazas á participación do profesorado de Educación Infantil e Primaria neste proxecto e innovación do noso centro.

O alumnado de Educación Infantil e segundo, terceiro e sexto de Primaria recibiron primeiro unha charla informativa sobre as vantaxes dunha alimentación equilibrada e os beneficios que nos aportan os alimentos do mar e envasados en conserva; despois fixemos uns xogos adaptados a cada idade para coñecer máis cousas sobre o mar e todas as posibilidades que nos ofrece; e finalmente cada rapaz tivo a oportunidade de facer o seu propio bocata e cos seus ingredientes favoritos.

Coma sempre botádelle unha ollada ás fotos que sacamos premendo nas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

                 

Distribuir contido