Skip to Content

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2020

 

A Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 8 de outubro de 2020).

Realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

  • A Directora do Centro.

  • Un profesor/a.

  • Un pai ou nai ou titor/a legal.

  • Un alumno/a da ESO.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo do Regulamento dos Centros Públicos Integrados. Dito sorteo será público e nel se designarán os membros titulares e suplentes.

 

O SORTEO PÚBLICO CELEBRARASE O XOVES DÍA 15 DE OUTUBRO ÁS 10:35 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.

 



book | by Dr. Radut