Skip to Content

Proceso de Admisión curso 21-22

Ábrese o proceso de admisión de alumnado para o curso 21- 22.

A solicitude pódese descargar na seguinte ligazón ou tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado e pode presentarse en Sede Electrónica.

 Pódese presentar o formulario normalizado no centro educativo no seguinte horario:

  • De luns a venres: de 9:00h a 10.30h.

  • Os martes: de 16:00h a 18:00h.

 As datas máis destacadas do proceso de admisión son as seguintes:

  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo (prema nesta ligazón)
  • Presentación da solicitude de admisión do novo alumnado no centro: do 1 de marzo ao 22 de marzo.
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Reclamación á listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe provisional.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.

As datas para a formalización da matrícula son:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • ESO: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Prazo extraordinario para ESO: do 1 ao 10 de setembro.

 A normativa que rexe o proceso é a seguinte:

AdxuntoTamaño
anexo_ii_solicitude_de_admision_g.pdf583.04 KB
Postos escolares vacantes.pdf18.11 KB


book | by Dr. Radut