Información Xeral

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter acadados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Con carácter xeral, a convocatoria de probas libres aparecerá publicada no DOG a mediados do mes de abril. A avaliación realizarase por módulos profesionais e os contidos das probas referiranse aos currículos dos ciclos formativos vixentes. 

Un alumno/a non poderá estar matriculado no mesmo ano académico nun mesmo módulo profesional en diferentes Comunidades Autónomas. Tampouco poderá estar matriculado/a simultaneamente nun mesmo módulo profesional na modalidade de formación presencial e a distancia.

Para participar nas probas será necesario ter 18 ou 20 anos cumpridos, ademais dos requisitos de acceso que marca a normativa.

Para máis información, preme nesta ligazón.

Nos arquivos adxuntos podes consultar tanto o calendario de admisión e matrícula de PL para este curso como as preguntas frecuentes que poden axudarte a resolver as túas dúbidas.