OFERTA DE EMPREGO: CHAPA E PINTURA

Empresa: RADA GALICIA

Localidade: Milladoiro (Santiago de Compostela)

Requisitos: técnico/a en Carrozaría

                 Menor de 30 anos

                 Actualmente inscrito como demandante de emprego.

Descrición: horario laboral de luns a venres, de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19.00 h.

Contacto: enviar CV a info@radagalicia.com

Indicar que se coñeceu a oferta de emprego a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

EXPOSICIÓN DE VICENTE CORTIZO

O profesor, Vicente Cortizo, expón no Concello de Forcarei os seus traballos de talla e torneado en madeira.

A exposición inaugurouse o 5 de decembro e permanecerá aberta ata o día 11.

                                    
                              

 

EXPOSICIÓN DE VICENTE CORTIZO

COLABORACIÓN COA CANCEIRA DE POIO

Alumnado e profesorado do Departamneto de Madeira, moble e cortiza colaboran coa Canceira de Poio na construcción de 4 casetas de madeira para os cans que esperan adopción.

O traballo de construcción foi realizado principalmente polos alumnos de 2º curso de FP Básica de Carpintaría e moble, dirixidos polos seus profesores.

Parabéns a todos os participantes neste proxecto solidario.

             

OFERTA DE EMPREGO: MANTEMENTO CARREFOUR

Empresa: CARREFOUR

Localidade: Pontevedra

Requisitos: coñecementos e/ou experiencia profesional en:

-Coñecementos teórico-prácticos en electricidade BT.

-Electrónica e automatismos de control.

-Coñecementos en frío alimentario e climatización.

-Soldadura.

Condicións: contratación eventual con xornada parcial (estimación de 30 horas semanais).

Contacto: envío CV a olga_garcia_blazquez@carrefour.com

Indicar que se coñeceu a oferta de emprego a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

MOBILIDADE ERASMUS+ PARA PROFESORES

De acordo co procedemento para o desenvolvemento do proxecto de movilidade Erasmus+ 2016-1-ES01-KA102-024869 "Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" 2016-2018, a Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa convoca estadías para profesorado no extranxeiro, para realizar as movilidades no período de novembro de 2016 a xullo de 2017. A duración desta estadías pode ser dunha semana ou dun mes.

O profesorado interesado presentará na xefatura de innovación e calidade un proxecto da estadía donde contemple os obxetivos, país de destino e un programa de traballo firmado polos dous socios (socio de envío e socio de acollida).

A data límite para presentar a documentación termina 12 de decembro de 2016.

ERASMUS +

O CIFP A Xunqueira convoca prazas para desenvolver a FCT en países da Unión Europea, para alumnos de segundos cursos de ciclos medios e superiores.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Valoración:

  • Non ter sido beneficiario de becas ou axudas para a mesma finalidade.
  • Ter superados todos os módulos profesionais de 1º y 2º curso do ciclo e expediente académico.
  • Con mínimas competencias lingüísticas orais no idioma do país de destino.
  • Ter un alto grao de madurez, responsabilidade, flexibilidade e adaptabilidade. Ser independente na xestión dos seus propios asuntos.
  • Ser estable emocional mente para poder afrontar un cambio de vida, costumes, entorno,…
  • Estar moi motivado para vivir esta experiencia.

Entrevista:

  • Entrevista persoal co candidato, que versará sobre:
  • Expresión e comprensión nun idioma estranxeiro.
  • Ser maduros e flexibles para afrontar as dificultades.
  • Ter unha mente aberta e interese en descubrir novas formas de vida, demostrando motivación, iniciativa e entusiasmo por aprender.

Compromiso:

  • —  Facer todo o posible para que as prácticas sexan frutíferas, completando a xornada laboral e as tarefas asignadas.
  • Respectar ao máximo as canles de comunicación para o correcto funcionamento da xestión.
  • Respectar as normas e códigos de conduta da organización de envío e do centro de traballo.
  • —  Xerar toda a documentación que se esixa en cada un dos programas.
  • Comunicar a organización calquera problema relacionado co desenvolvemento da estancia.

 

COMISIÓN DE SELECCIÓN

Equipo docente.

Coordinador de proxectos europeos.

Director.

OFERTA DE EMPREGO: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

Empresa: CLECE, S.A.

Localidade: Vigo

Descrición: precísase persoal auxiliar de xeriatría para o Servizo de Axuda no Domicilio.

Requisitos: técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia (CM ATPERD) ou certificado de profesionalidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

Contacto: envío C.V. a jvirola@clece.es

              Indicar que se coñeceu a oferta de traballo a través da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira.

OFERTA DE EMPREGO: RECEPCIÓN TALLER

Empresa: Celtamotor

Localidade: Salcedo (Pontevedra)

Descrición: persoa para recepción e atención ao cliente.

Requisitos: titulación na familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos (Ciclo medio ou Ciclo superior)

                Persoa responsable, con boa capacidade comunicativa, empatia e imaxe persoal coidada.

Contacto: enviar C.V. a miguel.coto@celtamotor.es

              Indicar que se coñeceu a oferta de traballo através da bolsa de emprego do CIFP A Xunqueira

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A FCT

Desde o 14 de outubro ata o 14 de novembro está aberto o segundo prazo para a solicitude de axudas económicas para o alumnado de ciclos formativos que estea a realizar a FCT no período setembro-decembro.

Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antesdo 31 de decembro de 2016. O alumnado que teña horario flexible e remate despois do 31 de decembro acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes serán facilitadas polo centro educativo.

Máis información: Orde do 28 de abril de 2016 (DOG 20 de maio).

Distribuir contido