PROCLAMACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Mar, 29/11/2022 - 19:13Realizadas as eleccións para a renovación do Consello Escolar. A composición do consello escolar estará formada por 13 persoas: (as novas representantes están en negrita):
Equipo directivo: José Delgado Marco, Daniela Martínez Somoza, Mª Angela Ayaso Monteagudo.
Representantes pais/nais; Mª Elena Noche Moure, Natalia Brión Lijó, Miriam Varela Fernández (ANPA).
Representantes profesores: Mª Luisa López Losada, Irene Paz Pose, María Regos Fariña, Diana Crujeiras Fernández, Estíbaliz Urizar Rodríguez.
Persoal de servizos: Carlos Abuin Abeijón.
Representante do Con.cello: Lidia Martínez Fernández
ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Ven, 25/11/2022 - 21:49As eleccións para representantes do Consello Escolar se celebrarán o luns 28 de novembro.
Horario votacións pais/nais: 17:25-18:30 h.
Candidata: Mª Elena Noche Moure
MEDIOAMBIENTE - A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”
Enviado por bandaseca o Mar, 22/11/2022 - 13:47MEDIOAMBIENTE:
O tema deste mes de novembro é “A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN E A RECICLAXE”
Duración : Dende 20-11-2022 ao 18-12-2022
PROXECTO QUE IMPLICA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:
Obxectivo: Darlle outro uso a algunha prenda de roupa que xa non usen ( ex: neceser con pantalón vaqueiro, bolsa para levar cousas con camisetas de tiras, Facer uns quentadores con medias vellas, manoplas de baño para enxabonarse con toallas vellas, trapos para limpar o po con calcetíns, facer un monedeiro con calcetín de bebé…).
Con estes obxectos farase un mercadillo de Nadal e cos cartos que se recauden donarase á asociación para o coidado de animais “ MOURA”.
ENLACES PARA SACAR IDEAS DE RECICLAXE DE ROUPA:
No la tires: once cosas para hacer con tu ropa vieja: https://www.eldiario.es/consumoclaro/ahorrar_mejor/no-tires-once-cosas-ropa-vieja_1_6216692.html
En estado crudo: https://www.enestadocrudo.com/ideas-reutilizar-ropa-vieja/
Ideas para reciclar y reutilizar ropa viea https://mejorconsalud.as.com/ideas-reciclar-reutilizar-ropa-vieja/
19 IDEAS CREATIVAS PARA CALCETINES VIEJOS https://www.youtube.com/watch?v=-gh98BqF8ck
CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22/23
Enviado por bandaseca o Ven, 11/11/2022 - 18:49A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 29/9/22) dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.
No sector de pais/nais, das 5 prazas que lle corresponden, desta convocatoria compre renovar 3 vacantes (unha que non estaba ocupada e dous que rematan o príodo de catro anos).
Censo provisional: Están expostos no tableiro da entrada do edificio desde o 10 ata o xoves 17 ás 14:00 h. Son electores tanto o pais como a nais. Se non están no censo poden facer a reclamación na secretaría.
O período para presentar candidaturas para formar parte do Consello está aberto desde o día 11 ata o 18 de novembro ás 18:00 h.
O día 22 farase o soteo dos membros da mesa electoral e as votacións se realizarán o luns 28 de novembro pola tarde, tñen dereio a votar tanto o pai como a nai ou, se é o caso o/a titor/a legal d alumnado.
Nos arquivo adxunto teñen o exto completo da convocatoria e o modelo de candidatura, poden presentalo na secretaría do centro ou ben por correo electrónico: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR- SORTEO XUNTA ELECTORAL
Enviado por bandaseca o Xov, 27/10/2022 - 17:32Este curso compre realizar eleccións dos membros do Consello Escolar. Tratase da renovación parcial dos membros que xa levan catro anos. A renovación do curso pasado era a que estaba adiada do curso anterior (20/21) por mor da pandemia.
No caso do nos consello hai 3 vacantes no sector de pais/nais e outras 3 no de profesores.
Segundo establece a Resolución do 19 de setembro de 2022 que establece o calendario das eleccións ten que constituirse antes unha Xunta electoral que regula este proceso e que establece o calendario elecctoral.
O vindeiro mércores 2 de novembro as 10:00 na biblioteca do centro realizarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta electoral.
ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”
Enviado por bandaseca o Xov, 20/10/2022 - 13:44MEDIOAMBIENTE
Estimadas familias :
Para realizar o ECO-RETO Nº1 “ AS RAICES DO VIDRO”necesitamos que contabilicedes cos vosos fillos/as o Nº envases ( botellas, botes de conserva…) de vidro que reciclades na casa ao longo de 15 días ( non teñen por que ser seguidos, poden ser alternos).
Para facer o conteo enviámosvos unha táboa que unha vez rematada terán que entregala á súa mestra ou mestre para realizar con ela/el a gráfica.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.
Un saúdo cordial: Equipo de Medio Ambiente
MAGOSTO
Enviado por bandaseca o Xov, 20/10/2022 - 13:42o luns día 24 de outubro pola tarde imos celebrar o MAGOSTO. Faremos pola trde unha serie de xogos populares e despois comeremos castañas asadas.
Precisamos que cada alumno/a traia antes do luns pola tarde un puñado de castañas PICADAS.
CALENDARIO ESCOLAR
Enviado por bandaseca o Dom, 09/10/2022 - 11:46Calendario escolar do curso 22/23
Destacamos que no primeiro trimestre o luns 31 de outubro é o dia do Ensino que se une ao martes 1 de novembro.
No segundo trimestre son festivos os dias do Entroido 20-21 de febreiro e o 22,mércores de cinza.
No terceiro trimestre, o centro elixiu como festivo o 2 de maio (martes) igual que todos os centros de primaria e infantil da localidade.
CIRCULAR INICIO CURSO
Enviado por bandaseca o Mér, 07/09/2022 - 19:38MATERIAL ESCOLAR - INICIO CLASES
Enviado por bandaseca o Mar, 06/09/2022 - 19:33As clases comezarán o vindeiro xoves día 8 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.
Como xa saben a través dos medios de comunicación, se suprimen a maioría das normas covid, polo que retomamos a "normalidade" en canto a protocolos e horarios:
- Desaparece a recomendación de distancia interpersonal, tamén nos comedores.
- Os grupos de convivencia estable poden interaccionar con outros.
- A ventilación segue sendo recomendable.
- A máscara segue sendo obrigatoria no transporte escolar, polo de agora. Explica que practicamente estamos nunha situación de normalidade, a partires desta semana tentarán publicar unhas instrucións con estas novidades
En canto ás entradas recordar que o alumnado de transporte escolar entrará no recinto escolar en canto baixe do autobús, mentres que o resto de alumnado poderá acceder ao recinto 5 minutos antes da entrada.
Á saída será ás 13:50, se ben para 1º e 2º nivel nos meses de setembro e outubro será 5º minutos antes.
Desde a ANPA están traballando para poder ofrecer desde ese día o servizo de madruga e comedor. As familias que necesiten estes servizos é preciso que os avisen ben por correo (anpabandaseca@gmail.com) ou por telefono/was (634964175).
MATERIAL ESCOLAR: adxuntamos os ficheiros que pasaron as titorías co material escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »