Skip to Content

SEMANA 11 AO 17 DE MAIO

Proposta para a semana que vén e corrección desta que está a piques de rematar. Un saúdo. Moitas grazas por toda a vosa participación.

ACTIVIDADES INTERACTIVAS AUTOCORREXIBLES

Adxunto un documento con actividades interactivas que poden facer os peques.

CORRECCIÓN DO TRABALLO PROPOSTO SEMANA 27 ABRIL AO 3 DE MAIO

ADXUNTO CORRECCIÓNS E ALGUNHA DAS COUSIÑAS QUE ME ENVIASTES. GRAZAS PEQUES E GRAZAS FAMILIAS. 

PROPOSTA DE TRABALLO DA SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO

EN ARQUIVO ADXUNTO. GRAZAS FAMILIAS POLO VOSO INCRIBLE ESFORZO E PARTICIPACIÓN.

Correción 20-26 abril e proposta do 27- 3 maio

Colgo na web tamén a corrección desta semana, aparte de enviárvola polo email coma sempre. Vai tamén a proposta para a vindeira semana, de 4 día lectivos.

TRABALLO SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL

Ola peques!

Aquí tendes unha nova proposta de actividades para complementar o traballo de Snappet.Agardo que vos guste e vos diverta á vez que vos sexa de utilidade. Unha aperta.

Semana 14 - 19 abril.

Ola peques! 

Pois aquí estamos outra vez. Intentando facelo o mellor posible dende as nosas casas. Parece que aínda faltan días para voltar a vernos polo cole. Mándovos, nun arquivo adxunto, unhas propostas de traballo para esta semana, que agardo vos axuden e vos animen a seguir traballando. Sei que é difícil pero...arriba ese ánimo! Falamos polo chat de Snappet e xa sabedes que podedes escribirme polo email, ou mandarme fotos dos vosos traballos rematados. Unha aperta dixital!

VACACIÓNS!!!

Ola de novo peques. Xa estamos nas vacacións de primavera. Merecemos un bo descanso. Volveremos ao traballo coas pilas cargadas o martes 14 de abril.

SEMANA 3. DO 30 DE MARZO AO 5 DE ABRIL.

 

Ola de novo familias. Aquí vos mando unha proposta de traballo para esta terceira semana sen poder ir ao cole aparte do que vos siga abrindo en Snappet. Agardo que todos esteades ben. Xa sei que son momentos complicados e sobre todo raros. Algúns o levan mellor que outros, algúns teñen ansiedade e outros están descansando un montón, algúns teñen medo e outros o están pasando pipa, algúns papis e mamis perderon o traballo e iso non senta ben, outros están a aproveitar para facer as cousas para as que nunca tiveran tempo, e outros o levan moito mellor do que pensaban ao principio.... Sexa cal sexa a vosa situación persoal deséxovos o mellor, de corazón, e que non perdades o ánimo, que aproveitemos esta situación para intentar apreciar e valorar as cousas bonitas que temos e que as veces se nos esquecen. Coma sempre vos digo, empregade as miñas propostas se vos suma, se vos aporta, se vos distrae no día, se vos tranquiliza. Porque o obxectivo final e único, é volvernos a atopar dentro dunhas semaniñas e quero recibirvos sans, alegres, con ganas de retomar, con máis anécdotas que contar e con enerxía.

 

Unha aperta enorme,

 

Giovanna.

 

A proposta de traballo para esta semana vola poño como ficheiro adxunto.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut