Skip to Content

Novas

CHARLAS FOANPAS

Informámosvos que a directiva de FOANPAS vai organizar diversas charlas a partir do vindeiro mes de marzo, tres delas levadas a cabo pola Rede Galega de Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar:

Non me fai caso   Non ten amigos
PREMER NAS IMAXES PARA ABRILAS    
Abúrrese   Non come

- O  meu fillo non me fai caso. Problemas de conduta:  22 de marzo
- O meu fillo non ten amigos. Habilidades sociais:  19 de abril
- O meu neno abúrrese na clase (TDA/H ou altas capacidades): 10 de maio

 

E outra polo Gabinete de Logopedia e Psicoloxía Lingoreta:
- O meu neno non durme ou come ben: 27 de marzo

Todas elas terán lugar no Instituto Municipal de Educación e sempre en horario de tarde, de 18.00 a 20.00 h.

Serán unhas charlas de temáticas moi variadas e actuais, que estarán abertas a toda a comunidade educativa. Os que esteades interesados podedes inscribrivos vía telefónica: 986298812, vía fax: 986242359, correo electrónico: foanpas@foanpas.com, a FOANPAS  antes do vindeiro 16 de marzo de 2012.

Por outra banda, o Gabinete Lingoreta oferta a oportunidade dunha semana de portas abertas para posibles consultas gratuitas dos pais/nais. Dita semana será do 5 ao 9 de marzo e os interesados poderán facer uso dela cunha cita previa que se lles facilitará chamando ao propio gabinete: 647 64 97 00 / 986 11 00 10.

 

Portas abertas

Xornada de xadrez

Mércores, día 30 de novembro de 2011

Os alumnos do centro, a partir do 3º nivel, participaron nunha xornada de xadrez organizada pola ANPA do Colexio en  colaboración coa federación viguesa desa actividade.

Celebráronse 16 partidas simultáneas entre o alumnado, saíndo gañador o alumno de 5ºA, Iago de Jesús Almeida. Os nosos parabéns ao gañador.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Como axudar aos fillos a estudar

A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS organiza unha charla sobre como axudar aos fillos e fillas a estudar, en colaboración coa asociación de orientadores Faro das Cíes.

 

Constrúe un conto

A asistencia será por rigurosa orde de inscrición, con límite de 15 nenos co seu pai ou a súa nai ou outro familiar.

As familias deberán comunicar á Federación a súa asisitencia con prazo máximo ata o luns 19 de decembro.

 

A Federación de ANPAS de Vigo convida ós/ás nenos/as de Primaria (6/12 anos) dos colexios públicos de Vigo con o seu pai ou a súa nai a un obradoiro de construcción de personaxes de conto e representación “Constrúe un conto escenificado” que se desenvolverá durante dous días: o vindeiro xoves 22 de decembro  entre as 17.00 e as 19 horas e o venres 23 de decembro, entre as 17.30 e ás 18.30 horas no salón de actos do IME, no Camiño do Chouzo, 2, onde está a sede de FOANPAS.

 *Tfno.: 986 29 88 12
*Fax: 986 24 23 59
*E-mail: foanpas@foanpas.com

 

 

 

Semana da prensa

 

Queridas familias:

No cole estamos a preparar unhas actividades para a Semana da Prensa, e, coma sempre, contamos coa vosa colaboración. Precisamos que lle axudedes aos vosos fillos a buscar noticias sobre CINE en periódicos, revistas, etc., para que as traian á clase, o antes posible, xa que con elas faremos un gran mural para esa conmemoración seguindo o lema do proxecto “Cine na escola”

Grazas e un saúdo.

O Equipo da biblioteca.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut