Skip to Content

Nyusha - Наедине (solo/a)

 

 

Do 3 ao 7  de xuño de 2013 escoitamos:  

País: Rusia

Nyusha

" Наедине"

(solo/a)

 

 

Anna Vladimirovna Shurochkina (Ruso: Анна Владимировна Шурочкина, 15 de agosto de 1990), máis coñecida polo seu nome artístico Nyusha (Ню́ша) é unha compositora e cantante rusa.

Anna Shurochkina naceu nunha familia de músicos. Nyusa entrou por primeira vez ao estudio aos 5 anos co seu "Песенка большой медведицы" (Pesenka Bolshoy Medveditsy) ou en galego “Canción do Gran Oso”.

Aos 11 anos comezou a actuar nos escenarios como o grupo Grizli. O grupo fixo unha xira por Rusia e Alemaña. Aos 17 anos cambiou o seu nome por Nyusa.

En 2008 Nyusha logrou o sétimo posto no concurso internacional "New Wave 2008" e tamén escribiu a canción final da heroína na versión dobrada da película Encantada. En 2009, lanzou o seu primeiro sinxelo "Вою на луну" (Voyu na lunu) ou en galego "Como a lúa". A súa composición gañou a "Canción do Ano - 2009". No concerto "Europa Plus Live 2009", ela introduciu unha nova canción, "Angel" en ruso e inglés "Why?".

En 2010 publica o seu sinxelo Не перебивай (Non Interrompa). A canción converteuse no hit máis popular de lingua rusa en abril de 2010. A cantante foi nomeado para o premio Muz-TV 2010, na categoría "Revelación do Ano". Mái tarde, no mesmo ano, publica o seu álbum “Выбирать чудо” (Escolle un milagre), álbum ao que pertence a canción que escoitamos e que supón o último sinxelo (2013).

 




page | by Dr. Radut