Skip to Content

Clouseau - Gek op jou

 

Do 27 de maio ao 31  de maio de 2013 escoitamos:  

País: Bélxica

Clouseau

" Gek op jou"

Significa: Tolo por ti

 

Clouseau é un grupo pop , que tivo varios éxitos en Bélxica e Países Baixos. Veñen da parte flamenga, falante neerlandesa de Bélxica chamada Flandes. A súa música é principalmente en neerlandés, aínda que tiveron un pequeno período en inglés. Os seus éxitos máis famosos son Daar gaat ze ("Aí vai ela"), un #1 nos Países Baixos en 1990 e Passie ("Paixón"), un #1 en los Países Bajos en 1995.

O nome é en honor do coñecido Inspector Clouseau. En 1989 participou nas audicións belgas para o Festival da Canción de Eurovisión coa canción Anne. Clouseau terminou en segundo lugar, pero Anne converteuse nun gran éxito en Bélxica. A súa popularidade disparouse en Bélxica e ese ano produciron o seu primeiro sinxelo, Hoezo? (Por que?)

 

O 16 de outubro de 209 estaba dispoñible o seu décimo álbum de estudo Zij Aan Zij (Cóbado con cóbado). No seu lanzamento de prensa dos seus concertos anunciaron que ían ter unha pausa indefinida.

En 2010 sacan o sinxelo que escoitamos esta semana como promoción da película “Zot Van A” (Dun tolo).

Planean o seu regreso en novembro de 2013, aínda que se comenta que se vai demorar para 2014

 


 



page | by Dr. Radut