Skip to Content

CHARLAS

A Concellería de Igualdade dá a coñecer a programación de charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante a semana do 17 ao 21 de decembro:

  • Charla: “ XOGOS, XOGUETES E CONTOS QUE NOS FAN MÁIS IGUAIS”

Imparte: Mara Iglesias Saínza (Psicóloga)

Obxectivo: favorecer un desenvolvemento igualitario das nenas e dos nenos sen unha previa asignación de roles e estereotipos, tendo en conta a perspectiva de xénero na elección de xogos e xoguetes.

Día e hora: martes 18 de decembro ás 19:00 horas.

Lugar: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.

 Entrada libre. Aforo limitado

 

  • Charla: “ A VOZ: UNHA FERRAMENTA PARA TRIUNFAR”

Imparte: Uxía Blanco (Actríz)

Obxectivo: Facilitar as claves para elaborar as nosas mensaxes dun xeito conciso, auténtico, eficaz; vencer o medo a falar en público; vocalizar e mellorar a nosa dicción; proxectar a voz...

Día e hora: xoves, 20 de decembro ás 19:30 horas.

Lugar: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.

Entrada libre. Aforo limitado

 



page | by Dr. Radut