Skip to Content

Visita ao CIFP Manuel Antonio

Na xornada do venres, día 20 de maio, o alumnado de 6º visitou o CIFP Manuel Antonio para coñecer de primeira man o programa "Emprendedores" e poñer en valor a formación profesional.

A acollida e o trato recibido así como a información recibida foron xeniais. Para entender este programa participamos nunha "gincana" cuxo obxectivo era descubrir o concepto"emprendedor" así como diversos personaxes da actualidade que son coñecidos como emprendedores e polas inciativas que teñen.

Posteriormente o alumnado participou nunha visita guiada para coñecer a actividade e especialidades ás que pode optar o alumnado para obter unha titulación de formación profesional básica ou superior.

Participaron activamente nas aulas de téxtil, cociña e hostelería e nas da rama sanitaria, concretamente na especialidade de Anatomía patolóxica, onde experimentaron cos microscopios, tornasoles...

No seguinte enlace engádese a galería fotográfica.

Galería fotográfica


page | by Dr. Radut