Rematamos a planificación do curso!!!
Moitas grazas a todas e a todos, sen o voso esforzo e a enorme colaboración das vosas familias isto non podería ser posible.
Xa estaredes cansos de tanto traballar, así que esta derradeira semana adicámola a facer os repasos trimestrais dos libros e Snappet.
Propóñovos, aos que queirades, facer (e enviar) un traballiño sobre este trimestre "un pouco raro".
Podedes facelo ilustrado con debuxos sobre o que botáchedes de menos, as cousas boas que puidéchedes aproveitar, o que sentíchedes… Poñede a imaxinación a traballar!!!
Grazas de novo.
(O venres enviarei recomendacións para o verán. )