Skip to Content

Historia

BREVE HISTORIA DO COLEXIO

             O colexio foi creado no ano 1967  como Centro Rural Agrupado  recollendo as unitarias que había dispersas pola parroquia ( no antigo edificio do Centro Cultural, na Garrida, na Feira...). Ocupa unha  superficie de  5.967 metros cadrados dos cales 2.611 son a superficie construída. O resto  está repartido entra patios de recreo e zona de aparcamento

             O seu primer  director foi D. Hermindo  Davila. Logo, previo concurso de traslados, pasou a ser dirixido por Dna. Guadalupe López Díaz que foi substuida no ano 1983 polo actual director D. José Luis Araujo Santalices.

             Durante varios anos, a matrícula foi altísima, xa que collía ao alumnado de toda a parroquia de Valadares (incluídos os barrios de Zamáns, Sobreira, Freixo...) chegando a ter máis de 1.100 alumnos e 5-6 liñas de transporte escolar.

            No ano 1981, créase o Colexio da Sobreira, que fai un desdobre de matrícula e de profesorado, e queda con dúas liñas de transporte  máis unha dende o centro de Vigo.

            Dende a súa creación, o colexio sufriu varias reformas  creándose espazos novos como o Salón de Actos, a Biblioteca, un patio cuberto de  uns 1.500 metros cadrados e un local  (duns 50 metros cadrados) no patio inferior para as actividades da ANPA, construído no ano 2006.

            Fíxose unha estrada de circunvalación, sacándolle espazo ao patio dianteiro, para evitar que os autobuses tivesen que entrar no recinto escolar.

            A última obra importante foi a realizada no ano 2009  que consistiu nun cambio da calefacción que pasou de ser lectrica a ser de gasoil.

 

          



page | by Dr. Radut