Skip to Content

Ludoteca Lingüística

O mércores, día 9 de marzo, a Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertounos esta actividade dinamizadora do galego para o alumnado de 5º e 6º.

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas tiveron que ir superando as distintas probas que se lles propuxeron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.



page | by Dr. Radut