O Centro Comercial Gran Vía quixo facer partícipe ao alumnado dos colexios de Vigo na decoración de Nadal e ademais darlles a oportunidade de colaborar nunha campaña solidaria con DOWN Vigo. O noso alumnado participa coa decoración dun reno que está exposto na planta primeira do Centro Comercial e que será subastado entre empresas e clientes para recaudar fondos para SÍNDROME DE DOWN - PROXECTO TIZA. Asemade, o vindeiro 26 de novembro, ás 19 horas, terá lugar o acendido da árbore de Nadal, acto ao que están invitados todos os nenos/nenas que participaron neste proxecto. Animámosvos a visitalos. |
|||