blogue deMonica

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Realiza a túa postal de Nadal en A5 (medio folio)

RAPOCHEIROS 5º

Esta semana púxose en marcha o CLUB DE LECTURA dos rapaces de 5º.

As datas das xuntanzas están marcadas cunha estrela no seguinte calendario:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí vos presentamos a primeira lectura:

Grazas por participar!

RAPOCHEIROS 4º (1ª XUNTANZA)

 

Esta semana púxose en marcha o Club de lectura de 4º.

 

As datas das xuntanzas serán as que están marcadas cunha estrela.

 

MAGOSTO 2021

As nosas recomendacións lectoras para estas datas.

 

SAMAÍN 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS, DE TODAS AS BIBLIOTECAS. 24 de outubro de 2021

 
 
 
 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 
 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 

PDI: "O IGREXA-VALADARES, UN CENTRO DE PELÍCULA" 2021-2022

Un ano mais o Proxecto Documental Integrado será un referente para a dinamización e organización do funciomento da biblioteca e do centro. 

Este curso 2021/2022 titúlase: "O Igrexa-Valadares, un centro de película" facendo referencia ao cine na nosa sociedade e na historia.

Son moitas as actividades, experiencias e expectativas que temos postas neste PDI.

Non vos perdades todos os traballos que iremos colgando na páxina web do cole.

Rapochá

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet