Skip to Content

On a journey with the ARTist

Información da viaxe a Bélxica

No seguinte enlace podes ver o PROGRAMA da viaxe do 16 ao 23 de maio de 2017. 45 alumnos/as de 5º e 6º de Educación primaria acompañados de catro profesores participarán nunha nova aventura europea.

Resultado de imaxes para programa

Traballo de investigación antes da Semana Internacional en Bélxica elaborado polo alumnado de 6º curso coa aplicación Padlet:

Hecho con Padlet

 

 

 

Podedes ver a información recibida na reunión coas familias do pasado martes 14 de febreiro coas familias no seguinte enlace ou aplicación:

https://ceipvistaalegre.padlet.org/gemacillero/belxica

 

 

Erasmus+ journal: Jan's World

Rematamos o primeiro curso do proxecto co primeiro número do xornal "Jan's World", que resume as distintas actividades relacionadas coa arte que se levaron a cabo nos distintos países socios.


A nosa aventura belga

Como sabedes os nenos e as nenas de 6º despediron o seu paso polo colexio cunha fantástica aventura en Bélxica. Alí, os nosos socios europeos recibíronnos cos brazos abertos e fixeron da nosa semana un tempo inolvidable. Vimos coa maleta chea de recordos e momentos que nos acompañarán sempre. 

Aquí podedes ver un resumo corto da viaxe:

E aquí un vídeo un pouco máis longo:

Aos nosos amigos belgas, ás súas familias e aos profesores do GBS de Bosmier, GRAZAS. Grazas polo voso esforzo e dedicación.

E aos nosos nenos e nenas de 6º desexarlles moita sorte nesta nova etapa que comezan!

Distribuir contido


by Dr. Radut