Skip to Content

On a journey with the ARTist

Acollida do alumnado europeo: Semana do 24-31 maio 2016

O grupo europeo formado por 47 alumnos/as de 5º e 6º de Educación primaria acompañados de 16 profesores procedentes de Bélxica, Finlandia, Grecia e Romanía están pasando con todos nós unha semana fantástica e inolvidable....  Podedes comprobar o ben que o están pasando a través do blog das formiguiñas belgas : "De Bosmier" http://bosmierspanje.blogspot.com.es/ 

Aquí tamén podedes ver un resumo do programa da semana do 24 ao 31 de maio de 2016:

Enlace

Our logo masterpiece!

Moitos dos nenos e nenas do cole xunto con axuda de varios profes fixemos este mural tan chulo con tapóns. Se vos fixades ben, darédesvos conta de que é o logo do noso proxecto, o logo que Ramona deseñou.

PABLO PICASSO

Este curso estamos a investigar sobre artistas do noso país. Cada curso elixiu ao seu, e da man de Libruxa e Jan, elaboramos unhas presentacións que xa compartimos cos nosos socios europeos. Pero ademais, cada clase irá expoñendo o seu traballo a todos os compañeiros do cole.

A primeira exposición, realizada polo alumnado de 4º, foi a de Pablo Picasso, quizás o artista español máis famoso a nivel mundial. Picasso non só foi o creador do movemento cubista  (xunto con Braque), ademais, foi o deseñador da "pomba da paz" e por iso eliximos precisamente o Día da Paz para falar deste artista tan popular. 

Noraboa nenos, nenas e profes de 4º. Fixestes un traballo xenial!

"On a journey with the ARTist" - Erasmus+ Opening Day

Ademais, de celebrar o Magosto, o venres presentamos á comunidade educativa o noso novo proxecto "On a journey with the ARTist", un proxecto baseado na arte que durará tres anos e nos que traballaremos sobre a pintura, a escultura, o teatro e a música.

Ramona, alumna de 6º, foi a gañadora do concurso de logos, polo que o seu deseño será o logo do noso proxecto. Noraboa Ramona polo teu fantástico traballo!

No seguinte vídeo podedes disfrutar da inauguración do proxecto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut