Coa chegada do mes do amor, no Vista o alumnado de cada clase creou, na medida das súas posibilidades, un ACRÓSTICO, que é unha composición literaria formada a partir das letras dunha palabra, cuxas letras se colocan en vertical e de cada unha delas sae unha nova palabra ou verso.
Dentro do noso reto 3 conservando e protexendo a natureza, Jan e Libruxa propuxéronnos que o acróstico tratara precisamente disto: de protexela, de coidala, que é a verdadeira forma de querela ben.
Cada grupo formou o seu acróstico partindo do nome da súa árbore. Botádelle un ollo!