Skip to Content

Friends for our planet!

BRIGADAS VERDES.....EN MARCHA!

GRAZAS ALUMNADO DE 6ºB!

Grazas pola vosa rapidez e implicación na limpeza de hoxe no patio, por recoller algún lixo que talvez era voso pero tamén moitos outros que non... Esa é a actitude! 

Para que vexades que non era unha broma o que vos contaba, aquí unha proba do que recolleron:

RECORDADE que a partir de mañá, 28 de outubro, as Brigadas Verdes comezarán a funcionar vixiando que o patio quede limpo e multando a todas as clases que deixen lixo na zona que ocuparon. Así que non manches pero invita tamén a que os demais non manchen.

Coidemos todos e todas a nosa escola!

Mensaxe de Jan....

Jan, a nosa mascota Erasmus+, ten algo que dicirvos ao alumnado do edificio 1, porque está moi preocupado.... Está nas vosas mans axudarlle! 

Mirade con atención o seguinte vídeo:

Air pollution Quiz!

Canto sabes de contaminación? 

Poster: Stop Air pollution!

Ola de novo!

Aquí chega o segundo produto do noso proxecto europeo "Friends for our planet!", un póster interactivo con cómics sobre distintos elementos que afectan á contaminación do noso planeta. O noso cómic, supoño que xa o coñeceredes, pero invítovos a que descubrades os dos outros centros. 

Levo algo de retraso, pero prometo crear unhas presentacións para amosar o gran traballo que fixestes unha vez máis, con axuda das vosas familias, para participar neste segundo reto que vos propuxen.

Apertas de oso, 

Jan.

Distribuir contido


by Dr. Radut