Skip to Content

Friends for our planet!

PDI: FRIENDS FOR OUR PLANET! CHALLENGE 3: PRESERVING NATURE

Xa rematamos a 1ª parte do proxecto deste curso. Fixemos un sinfín de actividades relacionadas coa natureza: investigamos sobre árbores, oficios, animais, espazos naturais... Ademais todas as conmemoracións xiraron arredor dela. Aquí podedes ver un pequeno resumo!

Agora xa estamos inmersos no reto 4 que versará sobre o lixo e como reducilo, pero para ver os resultados aínda teremos que esperar un pouco máis... O que vos podemos asegurar é que será unha avaliación moi completa, xa que recibiremos unha visita moi especial....

Imagine (versiona 6ºB)

O alumnado de 6ºB quixo retomar a versión de "Imagine" que se traballou no colexio polo Día da Paz e compoñer este videoclip para compartir cos socios do noso proxecto!

IMAGINE...

O alumnado de 6ºB preparou este videoclip para compartir cos socios europeos, versionando a canción de "Imagine" que adaptaramos nas clases de inglés cos profes Vero e Marcos. Agradecerlles a eles, e como non, ao noso profe de música, o seu gran traballo e axuda.  

PROTECTORAS DA NATUREZA!

E xa entregamos por fin os diplomas e as chapiñas das alumnas Naia, Aldara, Uxía e Ainara. As catro son e serán grandes protectoras da natureza e fixeron uns traballos fantásticos que puidestes ver nas entradas que xa compartin fai uns días! Parabéns, chicas!

Distribuir contido


by Dr. Radut