Skip to Content

Educación Infantil

Recitando contos.

 Na clase do oso escribimos, debuxamos e recitamos contos que son poesía

 

Cumples mes de marzo e abril

No mes de marzo e abril na clase caracol celebramos os cumples de Alexandra e Xavi. Felicidades!!!


   

Recitando adiviñas aos nenos maiores...

Desde a biblioteca do cole, propúxose traballar durante marzo e abril a poesía, por iso, os nenos e nenas de tres anos decidimos traballar as adiviñas.


Unha vez escollidas as adiviñas e coa colaboración das familias, fomos aprendéndoas. Pintamos os debuxos para cada adiviña e pegámolos en distintas cartolinas, elaborando un libro. Despois de varios ensaios... Xa estabamos preparados para ir recitarllas aos nenos e nenas de 5º. 

 Non pensedes que lles foi fácil, tiveron que pensar moito moito... 

 

Pasamos un tempo moi agradable nas súas clases, por iso os invitamos a que algún día nos visiten a nós tamén, na nosa aula.

Grazas a todos, ás profes de 5º, aos nenos e nenas de 5º e tamén ás familias, que nos axudaron a memorizar as adiviñas!!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume a experiencia:


   

Chegou a primavera á clase caracol

                                                                                               

Fai unhas semanas que comezou a primavera e por iso as nenas e nenos da clase caracol decidimos cambiar a decoración da nosa porta... 

Enchímola de flores e de bichiños como xoaniñas, bolboretas e abellas, pero todos moi moi especiais porque tiñan as nosas fotos... 

Quedounos xenial, a que si? 

                                                                                                    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut