Skip to Content

Educación Infantil

LETRAS GALEGAS 2014

Como todos sabedes o 17 de Maio conmemórase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano rende homenaxe a XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. Na clase de E. Infantil de 5 anos aprendemos moitas cousas sobre este escrior e fixemos un pequeno libriño no que recollemos os nosos traballos.

Click to play this Smilebox collageCreate your own collage - Powered by SmileboxMake a free picture collage-size: medium;">Ímosvolo mostrar!!!!

 

 

Actividade con kamishibai

Este mércores os nen@s de 5º A  viñeron á biblio para contarnos o conto

de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro  co soporte de Kamishibai. Estiveron moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a lectura de contos. Gracias!!!

 

Que comemos das plantas?

   

Os nenos e nenas da clase do caracol recibimos unha nova carta de Agustín. E coa mesma ilusión de sempre acompañámolo nun novo reto no que tratamos dedescubrir que é o que comemos de cada planta: as follas, as flores, as raíces, o talo, etc.

Se queredes botar un vistazo ao noso último traballiño relacionado co proxecto das plantas, mirade o seguinte vídeo!

 

Ademais, despois de que viramos, tocaramos, ulísemos e aprenderamos o nome de cada verdura; Agustín enviounos esta presentación para amosarnos mellor que é o que comemos de cada planta. 

Que comemos das plantas

 
Canto aprendemos grazas a Agustín!!
Vémonos pronto!!

Country in the spotlight: FINLAND

Os nenos e nenas de 4 anos aprenderon moito sobre Finlandia e por iso, o mércores pasado quixeron compartir todo o aprendido con todo o cole. Fixeron un gran traballo!

Se queredes ver como foi a súa exposición, podedes ver o seguinte álbum:

 

Click to play this Smilebox photo album
 

Ademais se queredes ver algúns dos vídeos que nos amosaron, facede click nas distintas imaxes:

           

 

Distribuir contido


by Dr. Radut