Skip to Content

Educación Infantil

Proxecto as plantas II

Na clase caracol recibimos novas de Agustín esta vez propoñíanos un novo reto que consistia en investigar sobre as semillas e, para isto, deixounos unha caixa con algunhas verduras e froitas sobre as que tíñamos que traballar. Nós puxémonos mans á obra e aquí vos deixamos unha pequena parte da nosa experiencia.



CONTINUARÁ...

Outro experimento de Agustín

Os nenos e nenas da clase caracol recibimos unha nova carta, unha nova caixa e con elas tivemos que resolver un novo reto!

No vídeo podedes observar todo o proceso, no que Agustín nos invitaba a descubrir onde medran mellor as plantas.

Canto estamos aprendendo xuntos! 

 

CONTINUARÁ....

"DÍA DO LIBRO"

Este pasado mércores 23 de abril, conmemorouse o DÍA DO LIBRO; na clase da xirafa fixemos uns traballos de poesía sobre o libro ANTOLOXÍA PARA A INFANCIA, con poemas de Rosalía de Castro. Queremos compartir con vós o noso traballo, esperamos que vos guste.

 

 


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox

Proxecto As Plantas I

Na clase caracol comezamos co proxecto "As Plantas".Un día o noso caracol Agustín tíñanos unha sorpresa, apareceu  cunha caixa na que atopamos varias cousas como bulbos, semillas, aparellos de xardiñeria... tivemos que investigar que era e que podiamos facer con todo aquilo. Buscamos información en Libruxa, nos seus libros de consulta, pedimos axuda ós papás... e así comezamos a saber cousas e a poñer en práctica varios experimentos para confirmar algunhas hipóteses que se nos plantexaron.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta primeira parte do noso proxecto que continuará...

 


Distribuir contido


by Dr. Radut