Skip to Content

Recitando adiviñas aos nenos maiores...

Desde a biblioteca do cole, propúxose traballar durante marzo e abril a poesía, por iso, os nenos e nenas de tres anos decidimos traballar as adiviñas.


Unha vez escollidas as adiviñas e coa colaboración das familias, fomos aprendéndoas. Pintamos os debuxos para cada adiviña e pegámolos en distintas cartolinas, elaborando un libro. Despois de varios ensaios... Xa estabamos preparados para ir recitarllas aos nenos e nenas de 5º. 

 Non pensedes que lles foi fácil, tiveron que pensar moito moito... 

 

Pasamos un tempo moi agradable nas súas clases, por iso os invitamos a que algún día nos visiten a nós tamén, na nosa aula.

Grazas a todos, ás profes de 5º, aos nenos e nenas de 5º e tamén ás familias, que nos axudaron a memorizar as adiviñas!!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume a experiencia:


   



blog | by Dr. Radut