O pasado 27 de marzo inaugurouse no centro o I Concurso-Exposición da Camelia CEIP Manuel Villar Paramá, coa colaboración da Asociación Española da Camelia de Pontevedra. Atoparedes toda a información no apartado Actividades no centro. Se queredes ver fotos do evento, ide a Galerías (na marxe superior dereita) ou premede aquí.
Na mesa do salón de actos reuníronse, de esquerda a dereita, o Sr. Presidente da ANPA do colexio, a Presidenta da Asociación Española da Camelia de Pontevedra, o Director do centro, o Sr. Alcalde do Concello da Estrada, o Sr. Inspector de Educación da zona, a Concelleira de Cultura e o experto que nos axudou a organizar esta exposición, D. José Carlos Otero.