NESTA TÁBOA PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN QUE SE FOI PRODUCINDO AO LONGO DO CURSO 2014/2015. PARA MÁIS DETALLE, PREMEDE NA IMAXE CORRESPONDENTE. |
REVISTA ESCOLAR 2014/2015: Podedes ler a revista escolar do curso 2014/2015 premendo na imaxe.
|
FIN DE CURSO: O día 19 de xuño, compartimos comida, música e xogos no patio para celebrar a fin do curso.
|
VISITA AO PAZO DE OCA: O día 19 de xuño, o alumnado de infantil e de 2º, 4º e 5º de primaria visitaron o pazo de Oca para despedir o curso.
|
VISITA AO IES Nº1: O día 12 de xuño, o alumnado de 6º de primaria realizou unha visita guiada, xunto coa titora e a orientadora do centro, ao IES Nº1, no que proseguirán os seus estudos o vindeiro curso 2015/2016.
|
FESTA VOZ NATURA: O día 6 de xuño, as familias que quixeron participar acudiron á festa de fin de curso organizada por Voz Natura en Culleredo (A Coruña), onde pasaron unha divertida xornada chea de xogos e actividades para os máis pequenos.
|
VIAXE Á CORUÑA: O día 22 de maio, todo o alumnado, desde infantil ata 5º de primaria, viaxou á Coruña para visitar dous museos científicos: Domus e Acuario.
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: O día 15 de maio celebramos o festival das Letras Galegas no salón de actos do colexio.
|
CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS: O día 26 de maio, o alumnado gañador deste concurso recibiu os seus premios na II Festa das Palabras, celebrada no Teatro Principal da Estrada.
|

CONTACONTOS: O 4 de maio recibimos a visita de Marta Ortiz, contacontos da compañía A tropa de trapo, que nos presentou o seu espectáculo Cores, con contos, cancións e obxectos reciclados.
|
A NENA E O GRILO: O día 22 de abril, o alumnado de infantil e de 1º de primaria viaxou a Pontevedra para asistir á representación musical A nena e o grilo no País das Apertas, da compañía Magín Blanco, no Auditorio Abanca.
|
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016: Accedede a toda a información sobre o proceso de admisión premendo na imaxe.
|
DÍA DO LIBRO: Celebramos o Día do Libro preparando caligramas que colocamos nun mural.
|
RECOLLIDA DE TAPÓNS: Do 19 de marzo ao 5 de xuño, o colexio participará nunha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico para a súa reciclaxe, dentro do programa Voz Natura. Os interesados/as en participar poden depositar os seus tapóns na caixa habilitada ao efecto na entrada do centro.
|
PLAN DIRECTOR: O 6 de marzo recibimos no centro a visita da Garda Civil de Vila de Cruces, dentro do programa Plan Director, que desenvolve accións preventivas para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas. Entre estas accións formativas, dirixidas a escolares e profesores, inclúense charlas sobre as novas tecnoloxías e os riscos derivados dun uso indebido de internet.
|
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS: Do 27 de febreiro ao 6 de marzo, o centro participou na campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. |
DÍA DE ROSALÍA: O día 24 de febreiro, no MOME da Estrada, dous alumnos de 5º de primaria participaron, representando ao centro, no recitado de poesías organizado para celebrar o Día de Rosalía. |
FESTIVAL DO ENTROIDO: O día 13 de febreiro celebramos o festival do Entroido no cole. Tamén participou parte do alumnado no Entroido de Couso e da Estrada. Para ter noticia de todo isto e ver fotos e vídeos, premede no castelo. |
DÍA DA PAZ: Na semana do 26 ao 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia elaborando murais. Podedes velos premendo na pomba.
|
NADAL: Celebramos o Nadal decorando o colexio, cantando panxoliñas, tomando o chocolate quente con biscoitos ao que nos convidou a ANPA do centro e recibindo a visita de Papá Noel, que repartiu agasallos por todas as aulas do cole.
|
OPERACIÓN kILO: Ao igual que en campañas anteriores, Cáritas Parroquial da Estrada (Diocesana de Santiago de Compostela) puxo en marcha a campaña de recollida de alimentos non perecedoiros denominada Operación Kilo, na que o centro colaborou desde o día 5 ata o 19 de decembro.
|
VISITA A PROTECCIÓN CIVIL DA ESTRADA: O día 12 de decembro, o alumnado do 1º ciclo de primaria visitou as instalacións de Protección Civil da Estrada e tomou despois un chocolate con churros nunha pizzería cercana.
|
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS: O día 5 de decembro, no Teatro Principal da Estrada, o alumnado de infantil asistiu a esta montaxe teatral do Centro Dramático Galego baseada no clásico de Carlos Casares. |
CROSS NA ESTRADA: O día 4 de decembro, parte do alumnado do 2º e 3º ciclo participou no campionato de cross escolar zonal da Estrada na praia fluvial de Liñares. |
CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL: Do 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015, de 8:00 a 14:00 h. e de luns a venres, agás os días festivos, desenvolvéronse os campamentos urbanos organizados polo Concello da Estrada e dirixidos aos rapaces e rapazas de 3 a 6 anos. |
EXPOSICIÓN DE ARTE ABANCA: O alumnado do 2º e 3º ciclo viaxou o 28 de novembro a Santiago de Compostela para realizar unha visita guiada á exposición de pinturas, debuxos, esculturas e fotografías Tradición, cambio e innovación, no Centro Abanca Obra Social. Tamén participaron no taller Detectives para unha colección de arte.
|
A GUERRA DE TROIA: O 19 de novembro, o alumnado do 3º ciclo viaxou ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para asistir ao espectáculo histórico de narración, monicreques e animación titulado A guerra de Troia.
|
VISITA DO CLUB ACUÁTICO UMIA: Dous monitores deste club visitáronnos o día 13 de novembro para falarlles aos nenos e nenas de primaria do salvamento e o socorrismo acuático deportivo. |
MAGOSTO: Celebramos o Magosto o día 6 de novembro, con xogos populares e degustación de castañas asadas. |
INTERCAMBIO DE POSTAIS DE SAMAÍN E HALLOWEEN: Un ano máis, o alumnado de primaria intercambiou postais de Halloween e Samaín cos nenos e nenas do CEIP Pérez Viondi da Estrada. |
SAMAÍN: Para celebrar o Samaín, decoramos unha das paredes do cole con figuras terroríficas de cartolina negra sobre un fondo multicolor pintado con ceras. Podedes velo premendo sobre a bruxa.
|
EXPOSICIÓN DE CABAZAS: O día 30 de outubro celebramos o Samaín e Halloween no colexio, cunha exposición de cabazas decoradas polo alumnado e as súas familias.
|
CALENDARIO DE DÍAS NON LECTIVOS: Premendo na imaxe, poderedes consultar o cadro de vacacións e días non lectivos para este curso 2014/2015.
|
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: Neste mes de novembro levarase a cabo o proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro.
|
ANIVERSARIOS: En Galerías e tamén premendo na imaxe, veredes as fotos dalgúns dos aniversarios celebrados no cole.
|
BLOGS DO CENTRO: Nesta páxina web podedes acceder a dous blogs: o da ANPA do centro, o do programa Voz Natura e o da aula de Inglés, a través das ligazóns que atoparedes premendo na imaxe.
|
HORTO ECOLÓXICO: Este curso, o centro participa no programa de educación medioambiental Voz Natura, a través de actividades relacionadas coa creación e o mantemento dun horto ecolóxico, co fin de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables.
|
XOGADE: O centro participa este curso na campaña de actividade lúdico-deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. A participación terá lugar nas modalidades de actividade deportiva (campionato de carreiras campo a través) e actividade lúdica (taekwondo e bádminton).
|
TÍTERES NA ESTRADA: O 2 de outubro, o alumnado de 4, 5 e 6 anos acudiu ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación de monicreques "El investigatopo", da compañía arxentina Chachakun. A obra pertencía ao festival internacional de títeres Galicreques, que se celebrou na Estrada do 1 ao 3 de outubro. |
DESCUBRE AS COOPERATIVAS: O 26 de setembro, o alumnado de 1º, 2º e 4º de primaria visitou, na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, a exposición Descubre as cooperativas, formada por paneis informativos e pantallas interactivas sobre os distintos tipos de cooperativas e o autoemprego cooperativo. |
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Premede no debuxo para coñecer as actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro para este curso 2014/2015.
|
ASOCIACIÓN CULTURAL TAMPARRANTÁN: A Asociación Cultural Tamparrantán, de Santo André de Vea, ofrece cursos de música (pandeireta, gaita, tambor e bombo) e de baile galego para nenos/as e adultos.
|
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO: No BOE do 12 de xullo de 2014, publicouse a Resolución do 3 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2014/2015. |

AXUDAS PARA 2º CICLO DE INFANTIL: O Concello da Estrada convocou axudas, destinadas ás familias ensituación de dificultade socio-económica, para a adquisición de libros de texto e material escolar dos nenos/as matriculados no 2º ciclo de educación infantil en centros públicos da Estrada no curso 2014/2015.
|
NOVO APARCADOIRO DO BUS ESCOLAR: Inaugúrase este curso o novo aparcadoiro para o transporte escolar, máis seguro para o alumnado.
|

LIBROS DE TEXTO 2014/2015: Picando sobre o debuxo, poderedes consultar a listaxe de libros de texto para as distintas materias e cursos deste ano académico 2014/2015.
|

CADRO DE PROFESORADO 2014/2015: Premendo na imaxe, accederedes ao cadro de profesorado para o curso 2014/2015.
|
ORDE CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015: Consultade, premendo na imaxe, a orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/2015.
|
CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015: Picando na imaxe, veredes o calendario escolar do curso 2014/2015.
|

HORARIO LECTIVO DO CENTRO: Premede no reloxo para consultar o horario lectivo, o horario de secretaría e o de atención a pais e nais.
|