Este ano celebramos o SAMAÍN con múltiples actividades:
- Exposición de cabazas
A partir do luns os nenos e nenas trouxeron ao colexio cabazas talladas e decoradas. Expuxémolas na entrada e cada aula puido ver estas marabillosas creacións.
- Decoramos o colexio
Cada aula decorou a súa entrada da clase con murais do Samaín.
- Investigamos o Samaín
Este ano seguindo coa temática do proxecto deste curso: A VOLTA AO MUNDO EN 80... traballamos os "samaíns" de varios países, comezando por Galicia, Irlanda, Estados Unidos e México.
- Intercambio de Postais
Este ano fixemos intercambio de postais do Samaín co colexio Pérez Viondi, tamén enviamos unha postal vía dixital a todos os demais colexios do concello.
Estas postais foron as que nos enviaron:
Estas foron as nosas:
- Merendas terroríficas
O venres, para celebrar o Samaín trouxemos ao colexio unhas merendas un tanto especiais.
- Contacontos
Tivemos sesión de contacontos a cargo dos máis maiores do colexio.
Os alumnos de 5º elaboraron uns contos de medo e contáronllelo aos demais cativos do colexio.
Os nenos e nenas de 6º adaptaron un conto e teatralizárono.
- Baile
Despois das sesións de contacontos, o tempo atmosfério deunos unha tregua e puxémonos a bailar no patio cancións do Samaín.