Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 30-01-21

O venres 29 de xaneiro celebraremos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Levaremos a cabo diferentes actividades ademáis de unirnos como centro colaborador á proposta da ONG Save the Children, que a través da súa Carreira Kilómetros de Solidariedade recauda cartos para colaborar con países que se atopan en situacións complicadas. Este ano adican a Carreira á República Democrática do Congo. Tedes máis información no Blogue da Biblioteca.

Este curso escollimos como símbolo da paz e dentro do noso proxecto sobre as aves "MAZARICO LE CO PICO", a GRÚA. Se queredes máis información sobre este paxaro, picade no nome. Picando nas imaxes poderemos ver máis fotos de esa celebración.

Celebración do DÍA DA EDUCACIÓN 24-01-21

O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil do centro, quixo dun xeito moi especial celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN, e así nos deixaron este maravilloso vídeo. Esperamos que vos guste.

BO NADAL E FELIZ 2021

Para despedirnos deste primeiro trimestre deste curso tan raro, dende a Biblioteca do centro e as titorías, coa colaboración de todo o alumnado, mestres e demáis persoal do centro, ocurríusenos a idea de gravar un video para felecitarvos estas festas. É a través dunha canción de Iván Vale con linguaxe de signos. Grazas a todos/as por participar nesta iniciativa. Eiquí tedes o resultado.


PAKOLAS E LAURA ROMERO "Cores, contos e Rock´n Roll con Ramona Órbita" 22-12-20

O derradeiro día de clase do 2020, rematou coa actuación no comedor, de PAKOLAS co seu espectáculo "CORES, CONTOS E ROCK & ROLL CON RAMONA ÓRBITA" acompañado por LAURA ROMERO, que se encargaba de darlle vida a todas as súas personaxes. Os nenos e nenas bailaron ao ritmo das súas cancións e interactuaron con Pakolas mentras quedaban pasmados vendo como Laura Romero pintaba en directo o que se dicía nas letras de Pakolas. Unha fabulosa actuación. Picade no LIBRO DE RAMONA ÓRBITA para ver as fotos de ese día.

ESPECTÁCULO DE MAXIA: THE VISUAL MENTALISTS 2 MINDS

O luns día 21 de decembro tivemos no comedor do cole, e baixo todas as medidas de seguridade, a actuación de Ian e Elisa co seu espectáculo "THE VISUAL MENTALIST 2 MINDS", onde coa maxia, os contos e as sombras chinesas, fixeron a delicia de tódolos nenos. Picade AQUÍ para ver as fotos de ese día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

Convocouse no cole, coma tódolos anos, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Animamos a todo o alumnado xa que este ano decidiuse que cada alumno envíe a súa postal a alguén coñecido. As postais serán expostas no pasillo do centro, e haberá un gañador por grupo e unha postal gañadora xeral que será a que enviemos en representación do colexio.

Os/As gañadores/as foron:

E.I. A: Dalia Casal Lago

E.I. B: Sara Grille Calvelo

1º e 2º: Íker Tubío Gesto (gañadora para enviar)

3º e 4º: Lucía Mourelle Torrado

5º e 6º: Brais Capelo Martínez

Premio Especial: Alejandro Villar Negreira (6º)

 

Picando AQUÍ poderedes ver todas as postais participantes no concurso.

Eiquí vos queda un vídeo colgado dende a Biblioteca que fala sobre a soidade das persoas nesta época.

REMATADA A MARQUESINA DE ACCESO AO PATIO

Temos boas novas para toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz para comezar este mes de decembro. Xa remataron as obras de colocación dunha MARQUESINA de acceso ao patio, co fin de que o alumnado non se molle os días de chuvia cando baixa aos patios cubertos. A verdade que quedou super chula¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Agora a disfrutala.

   

     

     

     

MAGOSTO 2020

O venres día 13 de novembro e cunha tarde fantástica, celebramos como é habitual o MAGOSTO. Este ano dun xeito diferente xa que ante todo cumprimos coas normas de separación, uso de xel hidroalcólico e lavado de mans, ademáis de levar a máscara. Pero tamén tivemos momentos para xogar, divertirnos e sobre todo comer castañas. Picando AQUÍ veredes todas as fotos de ese día.



 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19. C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Seguindo as instruccións en materia de Saúde Pública, as recomendacións sanitarias e os derradeiros Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21, actualizamos o noso Protocolo de Adaptación ao contexto do COVID 19. Foi elaborado coas propostas do profesorado, presentado no claustro e no Consello Escolar. É un documento vivo, é dicir, é susceptible de cambios a medida que a actividade educativa nos vaia aportando información. O Protocolo está completado con anexos, entre eles o Plan de Continxencia, o Protocolo de Limpeza e o Plan de Acollida.

En relación ao COVID 19, no enlace, aparecen novas actualizacións e/ou publicacións sobre o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino universitario de Galicia para o curso 2020-21 e anexos que aparecen no portal da Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

 

                                      

AUDIOVISUAIS SAMAÍN 2.020

Se queredes ver o que realmente ocorreu ese día de SAMAÍN no cole, podedes facelo a través da visualización das FOTOS, VÍDEO DAS CABAZAS, LECTURA DOS RELATOS DE MEDO ou escoitalos na nosa RADIO ROSIÑA. Picade en cada un dos iconos, e a DISFRUTAR!!!!!!!!!

SAMAÍN 2.020

O venres día 30 de outubro, celebramos o SAMÍN no cole. Foi diferente ao doutros anos pero aínda así mereceu a pena adicarlle toda a xornada a unha das actividades que máis nos gustan. Durante a mañá, nas diferentes aulas léronse e contáronse historias relacionadas co medo, realizamos un obradoiro de música e preparamos petiscos terroríficos para comer antes do recreo. Tamén fixemos actividades de plástica, por grupos e nas diferentes aulas, mantendo en todo momento os agrupamentos de convivencia no colexio.

Ao mediodía, antes de xantar, entregamos os premios ás CABAZAS máis votadas polo alumnado, e tamén aos relatos de medo, no que xa imos pola X Edición. En canto ás cabazas, a participación foi moi elevada. Ademáis de participar na súa elaboración toda a familia, despois tiñan que enviala a través dunha foto para o concurso. As gañadoras foron: 1º Alicia Alvite Ramos (3º E.P.); 2ª foi Sofía Mourelle San Martín (INF-4); e 3ª a cabaza de Sara Labandeira Gerpe (5º E.P.).

 

Houbo tamén unha "Mención da honra" para a cabaza presentada por Daniel Ínsua Moldes (1º E.P.) que tamén tería que estar entre as premiadas por ser unha das máis votadas, pero como é norma no centro, tentamos que cada ano leven premios persoas distintas, aínda así como as súas votación foron tantas, decidimos telo en conta e entregarlle un diploma e un agasallo. Dani ese día non poido asistir ao cole polo que recolleu o premio a súa titora Sonia.

Tamén se entregaron os premios aos Relatos de Medo. En Infantil presentaron un conto en cada aula, e así obtiveron dous diplomas e dous agasallos para toda a clase: un para o alumnado de Infantil de 3-4 anos, e outro para Infantil de 4-5 anos. Premendo nas imaxes poderedes descubrir as súas terroríficas historias.

En canto a Educación Primaria, outorgáronse catro premios: 

Na aula de 1º e 2º, Olalla Suárez Grille

En 3º e 4º, Íker Freire Cambeiro

En 5º e 6º, o premio foi para Brais Carreira Antelo.

Tamén se concedeu un "Premio Especial" a Alejandro Villar Negreira, quen presentou unha historia creada por el na aula de P.T.

   

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Picando na imaxe poderedes ver a lista de LIBROS DE TEXTO para o curso 2020-2021

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

AXUDAS PARA LIBROS / MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2020/2021

PRAZO: de 19 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive)

Está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros e para solicitar axudas para adquisición de libros de texto e material escolar.

Pode facer a solicitude a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal ou presentado a documentación no centro.
 

Para facilitarlles a xestión, no centro están os impresos de solicitude á súa disposición.

Cando veñan a realizar as xestións para esta convocatoria, tanto a recoller os impresos como e entregalos, deben respetar as normas sanitarias.

Para o cálculo da renda per cápita:

Declaración de renda do ano 2018. Suma das casiñas 435 e 460.

Nos seguintes enlaces poderá vostede informarse da normativa e poderá descargar os impresos de solicitude:

ENLACES

-Impresos de solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

-Circular informativa ás familias-resumo normativa https://drive.google.com/open?id=1Xwbd4McI14l2Xxny4aG2aAYiiCqvpV5K

-Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Documentos que debe presentar:

·         Impreso de Solicitude

·         A outra documentación necesaria, de non tela no centro, xa lla solicitaremos

Horario de SECRETARÍA de 10:30 a 13:30 horas

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2019-2020

 

 ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Curso 2019-2020

Unha das consecuencia da pandemia provocada polo covid-19, foi a suspensión da actividade lectiva nos centros dende o 13 de marzo de 2020 tal e como se establece no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo. Esta suspensión da actividade educativa modifica significativamente o desenvolvemento das programacións elaboradas para este curso escolar: a nivel metodolóxico, da concreción curricular, das medidas de atención ao alumando, así como, da avaliación para dar continuidade á ensinanza aprendizaxe durante o terceiro trimestre. Procede polo tanto realizar adaptacións de estas programacións iniciais seguindo as directrices fixadas na Orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, e as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Educación Primaria

ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA FACER NA CASA

TEDES NESTA PÁXINA UNHA SERIE DE ACTIVIDADES E XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA FACER NA CASA.

PICANDO NAS IMAXES TEDES OS ENLACES DESTAS ACTIVIDADES.

ESPERO QUE O PASEDES BEN. UNHA APERTA¡¡¡¡¡¡¡¡

  

  

"ACTIVIDADES FICAMOS NA CASA". O CORONAVIRUS NON NOS FREA

 

Neste días de confinamento, o profesorado contacta coas familias e co alumnado para darlles ánimos, enviarlles vídeos, para marcar tarefas escolares sobre os libros de texto que tedes todos na casa e outro tipo de actividades e recursos, etc. Este contacto faise a través das aplicacións tokapp, whatsapp, correo electrónico e/ou teléfono. Ademáis no seguinte enlace, que esta no blogue da biblioteca cólganse actividades e recursos para o alumnado. Se queredes velos, picade na imaxe ou entrade no noso blogue da biblioteca

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com

REESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN 20-21

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.

Restablecese o prazo  para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. EXCLUSIVAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTE TRÁMITE, o  centro permanecerá aberto de luns a venres de 10:00 a 13:00 h.

Prégase a toda persona que se achegue ó Centro para a entrega de documentación cumpra coas medidas de seguridade e protección contra o Covid-19 establecidas pola Consellería de Sanidade.

INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 27 DE ABRIL

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

AVISO

AVISO

 

 

Estimadas familias:

 

Como medida preventiva frente ao avance do coronavirus, o Presidente da Xunta de Galicia na comparecencia que tivo hoxe ao mediodía ante os medios de comunicación, informou que:

- Dende o luns 16 de marzo os centros educativos estarán pechados, durante 14 días, en todos os niveis de ensino e polo tanto non haberá clases.

- Mañán venres 13, os centros educativos permanecerán abertos, pero a Xunta recomenda que os nenos e nenas queden na casa.

- Nos centros educativos non temos aínda comunicación oficial, polo que non podemos informar dos detalles desta decisión de pechar os colexios. En canto teñamos información oficial  e esta engada máis información, seredes informadas/os.

- Mentras tanto pregámosvos permanezades atentas/os ao que publiquemos nesta páxina e na paxina da Consellería de educación (www.edu.xunta.gal)

 

Queremos transmitiros, tal como llo comentamos ao alumnado, unha mensaxe de calma e tranquilidade e respectar as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

 

 

Saúdos

 

 

San Cosme de antes 12 de marzo as 16:00 horas

 

  A dirección

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos.

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral. Picando na imaxe teredes toda esta información.

"DE AQUÍ PARA ALÁ" PROPOSTA MUSICAL NO AUDITORIO DE GALICIA 05-03-20

O xoves día 5 de marzo, fomos todo o colexio de excursión a Santiago para ver no Auditorio de Galicia unha proposta musical e teatral, interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo. "De aquí para alá" da Asociación Cultural Tres por Cuatro é un proxecto de música infantil no que se viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo fincapé na procura de novos sons. Cóntanos, a través da música, a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

O período do PROCESO DE ADMISIÓN para o curso 2020-2021 abrangue dende o día 1 ata o día 23 de marzo de 2020.

A NORMATIVA pola que se rexe o proceso de admisión é a Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

O proceso de admisión poderase facer telamáticamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se poden entregar as solicitudes, coma sempre, no propio centro.

Pódese descargar a SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Anexo II) pulsando AQUÍ.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 28-02-20

O venres día 28 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Non o pudemos celebrar o seu día, 24 de febreiro, porque estabamos de vacacións. Esta mañá, na Biblioteca do centro, xuntámonos todos para falar de Rosalía. Os nenos de 6º leron un manifesto do escritor Daniel Asorey e que nos achegou a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Os nenos de infantil cantaron "Eu ben vir estar o moucho"; en 1º e 2º puxéronlle música a unha estrofa da Alborada; en 3º e 4º acompañaron con pandeiretas o coñecido "Adiós ríos, adiós fontes" e en 5º recitaron un poema sobre a dor da muller do emigrante. Para ver máis fotos, picade AQUÍ.

QUEIMA DO MECO E XOGO DAS PIÑATAS 27-02-20

Xa de volta ao cole, o xoves día 27 de febreiro, o primeiro día sin chuvia era o día idóneo para A QUEIMA DO MECO e levar a cabo O XOGO DAS PIÑATAS, que non se fixo o día do desfile. Eiquí vos quedan unhas fotos de este día. Picade AQUÍ para ver máis fotos.

ENTROIDO 2020

Celebramos o ENTROIDO o venres día 21 de febreiro, comezando cun DESFILE polo pobo de San Cosme, aproveitando a fermosa mañá que nos acompañaba. Así todos nos transformamos en diferentes paxaros. Os de Infantil disfrazáronse de PAVOS REAIS; os alumnos de 1º e 2º de PINGÜÍNS; os de 3º e 4º de CISNES e os de 5º e 6º de PATOS. Os mestres ían de observadores e algunhas nais viñas de paxaros multicores. Ao chegar ao cole, xuntámonos todos no patio para que os rapaces lle contaran aos demáis algunhas cousas típicas de cada disfraz. E logo cantamos todos a canción "A SAIA DA CAROLINA" versionada sobre os disfraces dos nenos (con acompañamento de turutas, pandeiretas e guitarras). Rematamos o día degustando as sobremesas típicas de Entroido que con anterioridade trouxeran as familias. Picade nas fotos para ver máis.

ÁNGEL CARRACEDO "HONORIS CAUSA" POLA UNIVERSIDADE DO MIÑO 18-02-20

Hoxe toda a prensa fala do noso padriño da Biblioteca, D. ÁNGEL CARRACEDO, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, o cal sumou onte outro título ao seu enorme currículum ao ser nomeado "DOCTOR HONORIS CAUSA" pola Universidade do Miño, en Portugal. Destacan en Miño algo que todos nos xa sabiamos, que este humilde home é unha persoa clave na sociedade científica, e para o cal solicitan o PREMIO NOBEL. Tamén dixeron del grandes persoeiros portugueses que non dubidan en situalo na antesala do Nobel xa que á grandeza como investigador, súmaselle unha ainda máis grande humildade coma persoa. FELICIDADES ÁNGEL!!!!!!!

EXCURSIÓN A SANTIAGO: AUDITORIO E CGAC 14-02-20

O venres, día 14 de febreiro, fumos todos de excursión a Santiago. Os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria visitaron o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), mentres que o alumnado de 3º a 6º de primaria fixeron dúas actividades no Auditorio de Galicia: primeiro fixemos unha visita guiada á exposición: "Deseño de cubertas no disco galego 1955-1995". E logo aisitimos a un Concerto CON FUSIÓN pola Banda Municipal de Santiago e Píscore. Sobre as 13:15 horas regresamos todos para xantar no colexio, debido a que o tempo non acompañaba. Picando nas fotos veredes fotos de ese día.

OS MANDADIÑOS DO ENTROIDO 2020

Un ano máis chega o tempo de ENTROIDO, e como non, para ir quentando motores no centro comezaremos a semana cos MANDADIÑOS DE ENTROIDO. O luns 17 teredes que traer unha PLUMA na cabeza; o martes 18 algo no PETEIRO; o mércores 19 un ANTIFAZ e o xoves 20 ANEIS nos dedos. Así irémoslle dando cor ao noso entroido, que celebraremos o venres día 21, si o tempo o permite cun DESFILE DE ENTROIDO polo pobo de Antes. Para ver as fotos dos mandadiños, picade AQUÍ.

                       

                                      

EXCURSIÓN Á RÍA DO BURGO PARA OBSERVAR E ANELAR AVES CON ANTONIO SANDOVAL 05-02-20

O mércores día 5 de febreiro fomos todo o colexio de excursión á Ría do Burgo para facer unha actividade fantástica e relacionada 100% co noso proxecto sobre as aves. Gracias ao ornitólogo ANTONIO SANDOVAL REY pudemos avistar aves e aprender algo máis sobre o anelamento das mesmas co seu compañeiro ALBERTO MONTEAGUDO. Fixemos un percorrido pola Ría do Burgo, na Coruña, e con prismáticos e outros telescópios e prismáticos profesionais de maior precisión, proporcionados por Antonio,  vimos unha chea de aves: corvos mariños, virapedras, garzas, gaivotas, píllares, cisnes, etc... Despois fomos ao Xardín Botánico onde Alberto nos explicou como se realiza o anelamento das aves e mesmo ensinounos un paporroibo, unha papuxa das amoras e un picafollas. Se queredes ver as fotos de ese día, picade AQUÍ.

DÍA DA PAZ 30-01-2020

Celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole o xoves día 30 de xaneiro, despois do recreo. Xuntámonos todos no corredor, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Alí desenvolvimos diversas actividades: nunha pomba xigante de cartón, os diferentes cursos foron pegando nela o anaco que lles tocaba decorado con diferentes motivos e estilos, algúns incluso con técnicas da India. Tamén os alumnos de 5º e 6º de primaria leron un manifesto sobre a Paz e déronnos máis información sobre a quen adica este ano a ONG Save the Children a súa Carreira Kilómetros de Solidariedade, da que somos embaixadores. Este ano adícase aos nenos e nenas da etnia Rohingya que tiveron que marchar a un campo de refuxiados en Bangladesh. A continuación fixemos unha carreira simbólica por grupos no pasillo e metéronse nunha urna os cartos que se xuntaron nas clases enviados ao centro polas familias para esta ong. Rematamos a actividade cantando e bailando a canción de "Don Melitón" e porsuposto coma sempre repartindo apertas a moreas. Pica AQUÍ para ver todas as fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut