Skip to Content

SAMAÍN 2.020

O venres día 30 de outubro, celebramos o SAMÍN no cole. Foi diferente ao doutros anos pero aínda así mereceu a pena adicarlle toda a xornada a unha das actividades que máis nos gustan. Durante a mañá, nas diferentes aulas léronse e contáronse historias relacionadas co medo, realizamos un obradoiro de música e preparamos petiscos terroríficos para comer antes do recreo. Tamén fixemos actividades de plástica, por grupos e nas diferentes aulas, mantendo en todo momento os agrupamentos de convivencia no colexio.

Ao mediodía, antes de xantar, entregamos os premios ás CABAZAS máis votadas polo alumnado, e tamén aos relatos de medo, no que xa imos pola X Edición. En canto ás cabazas, a participación foi moi elevada. Ademáis de participar na súa elaboración toda a familia, despois tiñan que enviala a través dunha foto para o concurso. As gañadoras foron: 1º Alicia Alvite Ramos (3º E.P.); 2ª foi Sofía Mourelle San Martín (INF-4); e 3ª a cabaza de Sara Labandeira Gerpe (5º E.P.).