DÍA DA PAZ 30-01-13

O día 30 de xaneiro de 2013, celebramos no noso colexio, o Día Escolar pola Paz, conmemorando o 65 Aniversario da morte de Gandhi. Fixemos algunhas actividades ás 15:15 horas: colgamos nun mural anacos da pomba que vedes eiquí arriba, como un puzzle, pero cada clase escribiu no seu anaco a palabra PAZ traducida ao idioma que están a traballar no proxecto de aula sobre as culturas (americano, inuit, chino, hindú, ruso e africano). Despois, da man da profe de música (SUSI) tódolos nenos do cole e os mestres, cantamos a canción "APERTAS QUE VOAN".Eiquí tedes o resultado!!!! Picade na pomba para ver máis fotos.

HARUNA TAKEBE, PIANISTA XAPONESA, VISITA O NOSO CENTRO O LUNS 28-01-13


 


 


HARUNA TAKEBE é natural dunha pequena illa do Xapón. A súa pasión pola música e polo piano levouna a graduarse  en interpretación pianística pola Toho Gakuen de Tokio cos mestres Megumi Kaneko e Keiko Takeuchi. En 1999 trasládase a Europa para ampliar a súa formación: primeiro en Alemaña onde se gradúa na Universidade das Artes de Berlín, en Francia no L´École Nacional de Musique de Pantin e logo en Holanda para obter o Master´s degree de solista, música de cámara así como de acompañante de lied baixo a dirección do profesor Willem Brons no Conservatorium van Amsterdam. En novembro de 2004 grava un disco para o selo STH. Dende 2007 combina a interpretación coa docencia incorporándose como catedrática de Piano na Elisabeth Univerity of Music de Hiroshima onde permanece ata 2009, cando decide trasladarse a España. Pinchando na foto de arriba, coñeceredes algo máis sobre esta grande artista. E pinchando na de abaixo veredes as fotos do día que nos visitou.


CHARLA DA GUARDIA CIVIL DE NOIA SOBRE OS RISCOS DE INTERNET 22-01-13

Dentro do "III PLAN DIRECTOR PARA LA CONVIVENCIA Y MEJORA DE LA SEGURIDAD ESCOLAR" , solicitamos dende o centro a intervención da Guardia Civil de Noia para desenrolar unha charla sobre a temática dos "RISCOS NA INTERNET" para os/as alumnos/as de 2º e 3º ciclos de educación primaria o martes día 22 de xaneiro, en horario de 10:15 a 11:50. Trátase de ofertar información sobre os problemas e riscos obxectivos, motivar aos alumnos na adopción de conductas pro-activas, así como facilitar aos pais e mestres pautas de detección e reacción, ademáis da axuda inmediata de funcionarios policiais especializados nas situacións máis graves.


       

TRABALLOS REALIZADOS POL@S NEN@S DO 1º CICLO SOBRE O PROXECTO DOS INUITS

 


Este curso, os/as alumnos/as de 1º ciclo de E.P., estamos traballando a Cultura dos INUITS. Para elo vimos a película "Nanook, el esquimal", e con anterioridade ollamos libros sobre este tema, que se atopan expostos no centro. Os nenos/as de 1º curso, fixemos a nosa propia AURORA BOREAL, que nos quedou moi bonita. Seguirémosvos informando de todos aqueles traballos que vaiamos facendo.


   


Estivemos investigando como se alimentaban e descubrimos que cazaban caribúes, focas, morsas, bois almiscleiros e osos polares entre outros animais árticos. Para facelo utilizaban o arpón kakivak , o unaaq e máis modernamente rifles.



Cos animais que cazaban, ademáis de comida aproveitaban as peles para facer roupa, os dentes cairos das morsas para facer unha especie de gafas de sol, os cornos para coitelos,...


Os alumnos de 1º ciclo, fixemos o noso propio INUKSHUK, un monumento da Cultura Inuit. Podedes ver máis información na folla que aparece a continuación. Pinchando na foto de grupo, veredes máis fotos de traballos realizados na clase.



         

CARTEL DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2012-2013

Como nestes derradeiros anos, seguimos co traballo a través de Proxectos Documentais Integrados, e o deste curso 2012-2013 leva por título "ONDE OS LIBROS TE LEVEN". Eiquí vos queda o Cartel do Proxecto. Máis información podedes atopala no Blogue da Biblioteca. Pincha no cartel do proxecto e accedes á páxina web do propio proxecto.

ESPERANZA CALVO DA UNHA CHARLA SOBRE CHINA 11-01-13

Seguindo adiante cos proxectos das culturas, o venres día 11 de xaneiro, tivemos a sorte de ter no colexio a unha Corresponsal de Mediaset España en Pekín chamada ESPERANZA CALVO (natural de Santa Comba), que nos falou da súa experiencia no paía asiático. Esta charla foi para todo o colexio en horario de 12:20 a 13:30 horas, tempo durante o cal os alumnos e mestres fixémoslle preguntas sobre a súa estancia neste país. Para ver as fotos de ese día, picade nesta.

FESTIVAL DE NADAL 2012, CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL E VISITA DOS REIS MAGOS

O venres día 21 de decembro de 2012, tivo lugar no comedor do centro o FESTIVAL DE NADAL, que se fai tódolos anos coas actuacións maxistrais dos alumnos dende infantil ata os de 6º de primaria. Ao rematar este estupendo acto, tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores do V Concurso de Postais de Nadal, e xa para rematar tivemos a visita dos REIS MAGOS de Oriente, que trouxeron presentes para tódolos nenos e nenas do colexio. Picando nestas fotos, poderedes ver algúns momentos de ese día.


   

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012

Levouse a cabo este ano o V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Houbo un premiado por cada ciclo e a gañadora será enviada a tódolos nenos e a outros estamentos como representación do noso centro. As gañadoras por ciclos foron:



  • ED. INFANTIL: JORGE OTERO PITA

  • 1º CICLO DE PRIMARIA: IRIA LÓPEZ CARREIRA

  • 2º CICLO DE PRIMARIA: MARIO MOURELLE TORRADO (Esta foi a gañadora)

  • 3º CICLO DE PRIMARIA: VANESA CAL LÓPEZ.

   


             ED. INFANTIL                                 1º CICLO E.P.                                      3º CICLO E.P.



                                                   POSTAL GAÑADORA DO V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012

TEATRO EN INGLÉS: FACE 2 FACE 17-12-12

Os nenos e nenas de primaria foron á Aula da Cultura do Concello de Mazaricos (A Picota), o luns día 17 de decembro de 2012, para ver unha obra teatral en inglés do grupo de teatro FACE 2 FACE.


CELEBRACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS14-12-12

O venres día 14 de decembro, celebrouse na biblioteca do noso centro o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS ademais da IX Carreira Kilómetros de solidariedade da ONG Save the Children, este ano adicado ao Sahel (Níxer). A carreira non se poido levar a cabo polo mal tempo, pero si o resto dos actos previstos. Tamen se recadaron, como tódolos anos, cartos para enviar á ONG, que nestes días se ingresaran na conta correspondente.


RECITAL DO POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO "Deitado frente ao mar". 12-12-12

O día 12 de decembro de 2012, ás 12:00 horas da mañá, tivo lugar na Biblioteca do centro un recital por parte de alumnos/as do colexio do poema de CELSO EMILIO FERREIRO titulado "Deitado frente ao mar", co gallo da conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor galego. Picando na foto veredes as fotos de este recital. Picando no mural, veredes a páxina web do artista, onde podedes sacar máis información.


 

CAMPO A TRAVÉS COMARCAL EN NEGREIRA 03-12-12

O luns día 3 de decembro de 2012, celebrouse no circuito de Campo a Través de Negreira (en fronte ao IES Xulián Magariños) a Fase Comarcal de Campo a Través escolar. Os nenos anotados para ir correr esta carreira xa levaron a información pertinente para os seus pais. A proba comezou ás 11 horas e a participación dos/as nenos/as foi fantástica. Reseñar a medalla de 3ª clasificada da alumna de 3º curso SHEILA LAGO SILVA. NORABOA A TODOS!!!!! Pica na foto para ver as fotos dos nosos atletas.


APOIO AO SECTOR LEITEIRO 28-11-12

En apoio ao sector leiteiro, os nenos e nenas do centro confeccionaron unha serie de lemas para reivindicar que o prezo do leite é moi baixo. Se queredes botarlle un vistazo a estos lemas, podes velos entrando no no blogue da biblioteca.

EXCURSIÓN A FEIRACO E LÁCTEOS PÉREZ PARA PRIMARIA 28-11-12

O mércores día 28 de novembro de 2012, fomos de excursión cos/as alumnos/as de primaria a visitar ás 10:30 as instalacións de Feiraco e ás 12:15 visitamos as instalacións de Lácteos Pérez na Pereira. Ao rematar viñemos xantar ao centro. Os alumnos de infantil irán tamen a Lácteos Pérez, pero ainda está a data sen concretar. Esta actividade é organizada polo Concello de Mazaricos que financiará os autobuses. 


   


  

ACTUACIÓN DE SON+D2 CON XOÁN CURIEL NA PICOTA 15-11-12

O xoves día 15 de novembro de 2012, en horario de 11:30 a 13:00 horas, vimos na Aula da Cultura do Concello de Mazaricos a actuación do grupo musical Son+d2 co músico XOÁN CURIEL, facendo un percorrido pola Historia da música. Se queredes entrar nesta Proposta de Concerto Didáctico, picade na proposta.


 

O MAGOSTO 09-11-12

O venres día 9 de novembro pola tarde, celebraremos O MAGOSTO. Ás 3 da tarde teremos a actuación do HOME ORQUESTRA, actividade que se organiza a través dun convenio entre a Deputación e a Anpa, e que quedara aprazada do curso pasado. Ás 4 da tarde comeremos as castañas, asadas previamente. Para ver máis fotos, picade el calquera de estas.


     

ESCENIFICACIÓN DOS ALUMNOS DE 4º E 6º DE PRIMARIA 31-10-12

O mércores 31 de outubro, ás 12:20 e coincidindo coa hora de ler, os alumnos de 6º e 4º de primaria fixeron dúas escenificacións na biblioteca do centro. Os alumnos de 6º relatarón e escenificaron un conto popular ruso que leva por título A BRUXA REGAÑADENTES, e os alumnos de 4º cantaron unha canción típica mexicana sobre AS HORAS E AS CAVEIRAS. Se queredes ver fotos de esas actuacións, picade en calquera das fotos que aparecen eiquí.


 


 

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS E RELATOS DE MEDO. SAMAÍN 2012

Os/as gañadores/as do CONCURSO DE CABAZAS 2012 foron os seguintes:


(PARA VER AS FOTOS DO CONCURSO, PICADE EN CALQUERA DAS FOTOS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN)


ED. INFANTIL: Jorge Lema Zamora (4 anos)


1º CICLO PRIMARIA: Andrea Carballo Pombo (2º)


2º CICLO PRIMARIA: Adrián López Castiñeira (3º)


3º CICLO PRIMARIA: Xabier París Moledo (5º)


               



E os/as gañadores/as do CERTAME DE RELATOS DE MEDO 2012 foron os seguintes:


ED. INFANTIL: Tódolos nenos de Ed. Infantil


1º CICLO PRIMARIA: Ainhoa Cal Currais (1º)


2º CICLO PRIMARIA: Uxía Dacunha París (4º)


3º CICLO PRIMARIA: Paula Germil Calo (5º)


                   



   


Estos RELATOS DE MEDO, podédelos visualizar completos picando en cada un deles ou no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

PROXECTO ESCOLAR 12-13: A MULTICULTURALIDADE

En coordinación entre a Comisión de Biblioteca e o Equipo de Normalización da Lingua Galega, escollimos para este ano como Proxecto Escolar 12-13, o tema da MULTICULTURALIDADE. Os diferentes cursos adicarán tarefas de aula a desenrolar proxectos adicados a esta temática durante todo o curso. Estes traballos tam´´en se verán reflexados nas diferentes actividades que se realizarán ao longo do curso: Nadal, Entroido, etc...


  


As titorías xa escolleron os países que van traballar: infantil: América; 1º e 2º: os esquimais; 3º: Culturas Orientais (China e Xapón); 4º: India; 5º: África e as Illas Canarias; e 6º: Rusia. Tamén solicitamos a algúns centros libros ilustrativos para levar adiante esta temática (por exemplo o C.E.I.P. de Louro).


 

SAMAÍN 2012

O 31 de outubro, e días antes, celebraremos a festividade do SAMAÍN no colexio con diversas actividades. Entre elas o III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO (organizado dende a comisión de biblioteca e o ENLG). Tamén a partir do luns día 29 comezará o CONCURSO DE CABAZAS como tódolos anos. Este ano en vez de levar a cabo obradoiros, teremos o visionado de películas para os diferentes ciclos sobre o medo. Xa temos no centro unha morea de cabazas, ben traballadas, para participar no Concurso de Cabazas 2012-2013, que se celebra no centro.

OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS 3º CICLO PRIMARIA

Os días 17 e 26 de outubro de 2012, leváronse a cabo no centro uns OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de ed. primaria, organizados polo Equipo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas da Asociación NERIA. Traballouse nestes obradoiros a AUTOESTIMA, a ASERTIVIDADE e a PRESIÓN DE GRUPO, saber dicir que non a través de xogos de rol. Eiquí tedes a todo o grupo cos traballos realizados. Pica nesta foto para ver máis.


SAÍDA DIDÁCTICA: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME 28-09-12

Como ben sabedes o curso pasado desenvolvimos no centro moitas actividades relacionadas co bosque. Unha das actividades que máis ilusión nos facía tanto aos ao alumnos como aos profesores era unha visita ás FRAGAS DO EUME, que tivemos que aprazala por motivos climatolóxicos. Esta vez si, e como di o refraneiro popular "Máis vale tarde, que nunca" a hora chegou. O venres día 28 de setembro, visitamos este Parque Natural cos alumnos de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, saindo do centro ás 10 da mañá e regresando ás 16:30 da tarde. Fixemos unha visita-camiñata guiada polas fragas de 12:00 a 14:00 horas, e despois xantamos na alameda das fragas, bocatas e demais comida preparada polo comedor, voltando para o colexio e chegando ás 16:30 horas para que os alumnos colleran os buses de camiño a casa, como é habitual.


LIBROS DE TEXTO 2012-2013

                                     

Powered by Drupal - Design by artinet