Skip to Content

VISITA DE JAVIER PRADO Á NOSA "RADIO ROSIÑA" 12-04-18

O xoves día 12 de abril de 2018, tivemos a gran sorte de contar no noso centro durante toda a mañá a JAVIER PRADO ESPIÑEIRA, que nos encheu de consellos co fin de sacar o máximo proveito da nosa "RADIO ROSIÑA". Comezou metendo aos alumnos de primaria en contexto a través da preparación de diversas actividades que posteriormente desenrolarían na Radio. Unha vez na propia Radio e por grupos fixemos unha serie de gravacións, explicando previamente tanto aos que controlaban a mesa de mezclas e o ordenador como aos que se atopaban na mesa dos micros. Así ensinoulles como colocar o micro para falar, o funcionamento da mesa de mezclas, programas do ordenador como o Audacity, saber como subir e baixar o volume da música ou parala e volvela a reproducir, gardar os traballos realiozados, etc...A verdade que con profesionales como Javier da gusto traballar. Grazas e ata a próxima. Si queredes ver tódalas fotos picade AQUÍ.



page | by Dr. Radut