Skip to Content

EXCURSIÓN A SANTIAGO. TEATRO PRINCIPAL "DANZA EMOTICORES" 10-04-18

O martes día 10 de abril o alumnado de primaria dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º, asistiron no Teatro Principal en Santiago de Compostela a un dos Programas Didácticos de Danza co título de "EMOTICORES", interpretado por "Las Tricotouses".

Comezaron a mañá visitando na Praza do Toural a Fundación Eugenio GHranell, onde fixeron unha visita guiada, co fin de coñecer un pouquiño da obra dun pintor surrealista. Tamén disfrutaron dunha das terrazas máis espectaculares de Santiago, a do Pazo de Bendaña. Despois do teatro e xa para rematar o día antes de xantar, fixeron un percorrido polo 2º lugar máis visitado de Santiago despois da Catedral: a Praza de Abastos. Para ver tódalas fotos, picade AQUÍ.



page | by Dr. Radut