Skip to Content

EXCURSIÓN A SANTIAGO E VIAXE EN TREN A PADRÓN 21-03-18

O mércores día 21 de marzo fixemos unha excursión a Santiago con todos os nenos do cole. Os de Infantil foron ao CGAC e ao MUSEO DO POBO GALEGO. Mentres os alumnos de Primaria ian á exposición "A ARTE NO CÓMIC" na seda Afundación e posteriormente ao TEATRO PRINCIPAL a ver a obra "O CONTO DA AZUZAINA". Logo todos xuntos nos diriximos á ESTACIÓN DE TREN de Santiago, onde collimos un tren con destino a Padrón. Foi toda unha aventura, xa que a maioría dos nenos era a 1ª vez que viaxaba en Tren. E ata fomos cantando e tocando ukeleles cos nenos de 1º e 2º que amenizaron a viaxe tocando a canción de "O tren" de Andrés do Barro. Ao chegar a Padrón fumos xantar ao Parque de Rosalía. Podedes ver as fotos de ese día picando AQUÍ.



page | by Dr. Radut