Skip to Content

CALENDARIO 2015

O CALENDARIO 2015 que elaboramos neste 1º trimestre, ten como eixe principal "O CINE", que neste curso 14-15 é o noso Proxecto Integrado de Centro. Esperamos que vos gusten os traballos dos alumnos realizados nas diferentes aulas, coa axuda dos mestres.



   

CELEBRACIÓN DEREITOS DO NENO E XI CARREIRA SAVE THE CHILDREN POR MALÍ 12-12-14

O venres día 12 de decembro de 2014 pola tarde, celebramos o DÍA DOS DEREITOS DO NENO e a XI CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN" polos nenos de MALÍ. Cantamos e bailamos ao inicio e ao final da actividade con dúas cancións preparadas pola mestra de música, Susi. Os alumnos de 5º e 6º de primaria nos informaron sobre Malí e a ONG Save The Children. Logo cada curso expuxo o seu dereito, e para rematar cada curso apotou os cartos que se recadaron nas aulas para enviar aos nenos de Malí.

      

VISITA Á MOSTRA DE CURTAS DE NOIA. TEATRO NOELA 12-12-14

O venres día 12 de decembro de 2014, fomos todo o centro de excursión a Noia para ver a XV MOSTRA DE CURTAS VILA DE NOIA no Teatro Coliseo NOELA, como actividade relacionadaco noso Proxecto Integrado de Centro; "O CINE". Estivemos de 11:30 a 12:45 horas vendo unha sesión de curtas de animación. Ao remate da actividade, pudemos facerlle preguntas ao Director de "GRETA Y LOS VEGEFANTÁSTICOS", JORGE BELLVER, que se fixo unha foto cos nenos do noso centro á saída do teatro.

  

CAMPO A TRAVÉS NEGREIRA 03-12-14

Celebrouse a Fase Comarcal de Campo a Través no circuito de Negreira (I.E.S. Xulián Magariños), o mércores día 3 de decembro de 2014. A participación dos nosos equipos foi reseñable, e merece especial mención o 2º posto da nosa alumna de 5º curso de primaria CLAUDIA GONZÁLEZ LIÑARES, na categoría Alevín Feminino. Noraboa a todos/as os/as participantes!!!!!!

  

EXCURSIÓN A SANTIAGO. VISITAS AUDITORIO E CIDADE DA CULTURA 27-11-14

O vindeiro xoves, día 27 de novembro de 2014, faremos unha excursión a Santiago. Pola mañá en horario de 11 a 12 horas todo o alumnado do colexio verá no Auditorio de Galicia un Concerto da Real Filharmonía de Galicia que leva por título "EN DANZA COA ORQUESTRA", a cal achegará aos máis cativos un mundo musical que transcorre dende o Barroco ata os nosos días, dende Bach, pasando polo francés Ravel e chegando a autores do século pasado como o andaluz Falla ou o ruso Stravinski. Rematado o concerto, os alumnos de Ed. Infantil virán xantar ao colexio, e os alumnos de Ed. Primaria visitarán de 12:30 a 14:30 horas a Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, para realizar unha visita didáctica e levar a cabo un taller sobre cine, coa mostra CINEGALICIA25. O Museo Centro do Gaiás converterase dende novembro e ata febreiro de 2015 nun auténtico estudo de gravación de cinema a través da mostra Cinegalicia25. Ademáis realizaremos un taller sobre "Os xéneros", para por en práctica a diferenciación dos xéneros audiovisuais (enmarcado como unha das actividades do noso Proxecto Integrado sobre "O Cine"). Despois de xantar, voltaremos ao colexio sobre as 16:15 horas para coller os buses que nos levarán para casa. Esperamos sexa un día de cine!!!!!!

   

     

EXCURSIÓN A SANTIAGO 2º E 3º CICLO PRIMARIA 19-11-14

O mércores día 19 de novembro, os alumnos do 2º e 3º ciclo de educación primaria, foron de excursión a Santiago. Ao chegar foron ao MUSEO DE HISTORIA NATURAL, recientemente inaugurado no Parque de Vista Alegre. Despois tiñamos un espectáculo histórico de títeres e animación "A Guerra de Troia" no AUDITORIO DE GALICIA. Sobre as 13:30 horas fixemos unha visita á exposición "Tradición, cambio e innovación" na actividade Detectives para unha colección de arte no Centro ABANCA. Xantamos sobre as 14:30 horas pola zona vella de Santiago e voltamos para o colexio. Un día do máis entretido.




MAGOSTO 12-11-14

Debido ao mal tempo que nos acompaña, non poidemos celebrar o MAGOSTO cando tiñamos previsto e o 1º día que fixo algo de melloría (o mércores día 12 de novembro), saimos ao patio para celebralo. Saimos pola tarde e cantamos e bailamos unha canción que preparaou a mestra Susi chamada "Arao" de Pelo Gato 24. E despois a xantar as castañas ata fartar.



PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 14-15: "O CINE"

Este curso 2014-2015 decidimos como temática para o noso Proxecto Integrado de Centro "O CINE", e o eslogan "BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN". Para consultar todo o relacionado con esta temática, mirade o noso blogue daBiblioteca. Alí teredes toda a información necesaria. Agora deixámosvos o cartel do Proxecto. Esperamos que vos guste.

       

 

            

 

 

SAMAÍN 30 OUTUBRO 2014

O día 30 de outubro de 2014, celebramos o SAMAÍN. Fixemos unha serie de actividades ao longo de todo o día. Antes do recreo levamos a cabo no comedor do centro un Obradoiro de comidas de Samaín que, unha vez finalizado os rapaces degustaron antes de sair ao recreo. Tamén antes de sair ao recreo entregáronse os premios aos gañadores dos Concursos de Cabazas e Relatos de medo. Eiquí vos quedan os pratos elaborados polos nenos.

                                                                                  

 Xa pola tarde en cada ciclo visualizaron unha película, coa súa respectiva entrada e o pertinente vasiño de flocos de millo. As películas a proxectar foron as seguintes: en infantil viron dous cortos de Disney: "Danza dos esqueletos" e "A casa encantada"; no 1º ciclo viron "O alucinante mundo de Norman"; no 2º ciclo viron "Frankenweenie" e no 3º ciclo viron " O Apóstolo". Pasaron unha verdadeira tarde de CINE¡¡¡¡¡¡¡

                               

    

 Houbo como noutros anos dous concursos: O Concurso de Cabazas e o V Concurso de Relatos de Medo. Este curso o Proxecto Integrado de Centro é "O CINE", e o título do proxecto é "BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN". Durante toda a semana levan expostas no pasillo do centro as cabazas participantes no concurso. Serán os propios alumnos os que escollan as cabazas gañadoras. Tamén levan toda a semana elaborando nas diferentes titorías os seus Relatos de Medo, dos cales haberá un/unha gañador/a por ciclo. Eiquí vos quedan os gañadores de ambos concursos.

CONCURSO DE CABAZAS 2014: 1º Premio JULIA PEREIRA FACAL (6º)(Minion); 2º Premio IRIA LÓPEZ CARREIRA (3º) (Spiderman); 3º Premio PAULA BARCIA BLANCO (1º)(MINIE MOUSE).

                                  

V CONCURSO DE RELATOS DE MEDO: En Ed. Infantil gañou todo o ciclo co relato "O Monstruo Papanenas"; no 1º ciclo gañou PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (2º) co relato "O medo e o terror"; no 2º ciclo gañou ANDREA LABANDEIRA OTERO (4º) co relato "A resurrección imposible"; e no 3º ciclo o gañador foi FROILÁN MÚÑIZ PONTE co seu relato "Os tres directores: o bo, o vello e o malo".

      

 

TÍTERES FALCATRÚA NA PICOTA "O ESPÍRITO DO BOSQUE" 24-10-14

O venres, día 24 de outubro iremos cos nenos á Aula de Cultura da Picota para ver unha sesión de Títeres do grupo FALCATRÚA que leva por título "O ESPÍRITO DO BOSQUE". É un espectáculo que combina o títere tradicional cunha coidada posta en escea, na que cabe subliñar un amplo e complexo deseño de luces. Narra o acontecido nun bosque ao ser invadido polo lixo e de como Celes, o trapeiro calé, mantedor inconsciente do precario medio, é capatado polo ruín especulador.

   

 

VISITA DE ÁNGEL PEREIRA CARRACEDO (EXALUMNO) CO SEU LIBRO "LO QUE LLEVO TATUADO" 03-10-14

O venres, día 3 de outubro de 2014, tivemos o pracer de ter no noso centro a un ex alumno moi especial: ÁNGEL PEREIRA CARRACEDO. Ademáis de facernos unha visita (xa que agora reside en Londres) víñanos presentar o seu 1º libro que leva por título "LO QUE LLEVO TATUADO". Fixemos unha xuntanza todos os alumnos e mestres na biblioteca do centro e ademáis de falarnos da súa experiencia no estranxeiro e de como xurdiu o de escribir un libro, os nenos e nenas maiores fixéronlle un montón de preguntas ás que respondeu con cariño e sinceridade. Ao remate fixémoslle un agasallo e asinou no noso libro da biblioteca. Dende esta familia que é o Víctor Sáenz, desexámoslle un camiño cheo de alegrías.

                        

CURSO 2014-2015

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

FESTIVAL FIN DE CURSO 20-06-14

O venres día 20 de xuño de 2014, tiveron lugar no centro as seguintes actividades:

  • Visionado nas aulas (cada titora cos seus alumnos) e en audiovisuais (para pais/nais) das fotos das actividades e conmemoracións levadas a cabo ao longo de todo este curso.
  • Festival Fin de Curso. No comedor, celebramos un ano máis este festival, con ata 18 actuacións e representacións musicais por parte dos alumnos e alumnas do centro.
  • Entrega dos Diplomas das actividades da ANPA, Diplomas do Deporte Escolar, Orlas aos alumnos que rematan ed. infantil e aos que rematan 6º de primaria.
  • Entrega de notas e revista escolar O San Cosmeiro nº 27.

 

 

ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL. A PICOTA 18-06-13

O mércores día 18 de xuño de 2014, en horario de 11:30 a 13 horas na Aula da Cultura do Concello de Mazaricos (A Picota), tivo lugar, para todo o alumnado, a Representación da parte musical do libro-disco “Estamos no verán” (1ª novela disco que se fai en Galicia). Autora: Charo Pita; Música: Xoán Curiel; Ilustrador: Iván R.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA BALARÉS 13-06-14

O venres día 13 de xuño de 2014, levamos a cabo a Xornada de Convivencia na praia de Balarés. Pola mañá os nenos de ed. infantil disfrutaron no parque infantil de Laxe, mentres os de primaria e as súas familias facían unha camiñata polo Castro A Cibdá (Borneiro), a chamada "Ruta dos Muiños". Logo nos xuntamos todos en Balarés para xantar e posteriormente tivemos a actuación de PETER PUNK, coa súa función "Peor Imposible" e para rematar o día os nenos e nenas poideron disfrutar de dous hinchables e un toro mecánico.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ALUMNOS DE 6º Á RIBEIRA SACRA

Xa vai chegando o remate do curso 13-14, e os alumnos de 6º de primaria van facer a Excursión de Fin de Curso á Ribeira Sacra, os días 9, 10 e 11 de xuño, acompañados pola súa titora Patricia e a súa profe de Música, Susi. Serán tres días de emocións e actividades a tope!!!!! Eiquí vos deixamos o enlace do albergue no que estarán hospedados os nenos con toda a información necesaria (picade na foto de A FÁBRICA DA LUZ).

 

1º DÍA DE EXCURSIÓN 09-06-14

 

   

   

   

FIESTA VOZ NATURA 2014 07-06-14

Este sábado día 7 de xuño de 2014, terá lugar a FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA 2014 en horario de 11 a 19:30 horasno Parque Deportivo Acea de Ama no Burgo - Culleredo (A Coruña). Para ver todo tipo de información picade no cartel. Unha parte pequena dos nosos traballos do proxecto integrado deste curso xa están expostos na carpa de Voz Natura, para que podades pasar a velos.

                            

XORNADA DE CONVIVENCIA EN BALARÉS 06-06-14

A XORNADA DE CONVIVENCIA PREVISTA PARA ESTE VENRES DÍA 6 DE XUÑO DE 2014, QUEDA APLAZADA PARA O VINDEIRO VENRES DÍA 13 DE XUÑO DE 2014 (OU NOUTRA DATA, CANDO O TEMPO O PERMITA), DEBIDO A QUE O PRONÓSTICO DO TEMPO PARA ESTE VENRES É DESFAVORABLE. http://www.tiempo.com/ponteceso.htm

GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Picando nestas imaxes teredes toda a información necesaria sobre a GRATUIDADE SOLIDARIA 14-15 para a adquisición dos libros de texto. Tamen poderedes imprimir os anexos ou a información que necesitedes. Para calquer aclaración podedes pasar polo centro.                                                         

                                                            

VISITA DA ENDOCRINA CRISTINA GUILLÍN AMARELLE 29-05-14

O xoves día 29 de maio de 2014, recibimos a visita no noso centro da Endocrina CRISTINA GUILLÍN AMARELLE, en horario de tarde para os alumnos de 2º a 6º de educación primaria e para os pais/nais do centro. A charla foi sobre LA ALIMENTACIÓN DE TUS NIÑOS Y NIÑAS. 

  

VISITA A PAN IGNACIO EN VIMIANZO 2º E 3º DE E.P. 21-05-14

O mércores día 21 de maio de 2014 os alumnos do 2º e 3º ciclos de educación primaria foron a visitar a panificadora de PAN IGNACIO en Vimianzo, para ver como se fai o pan e facer os seus primeiros pinitos na elaboración do mesmo. Seguro que o fan polo menos igual de ben que cando foron os alumnos de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Esta actividade está inmersa no noso proxecto integrado de centro 2013-2014 sobre a "GASTRONOMÍA".

 

CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN LETRAS GALEGAS 2014 16-05-14

O venres día 16 de maio de 2014, entregamos os premios do CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014, que este ano se lle adica a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, aos traballos elaborados polos nenos e nenas en cada aula. Os premios, según as bases, foron 1 por curso en Educación Primaria, 1 para Ed. Infantil de 3 e 4 anos e outro para EI de 5 anos. O concurso de ilustración foi para os alumnos de EI e o de redacción para os alumnos de EP. Noraboa a todos, pola vosa participación!!!!!!!!! Tamén para conmemorar este día das LETRAS GALEGAS, fixemos un MAIO con todalas frores e outras plantas que foron traendo os nenos ao centro durante estos días. Así mesmo a mestra de música SUSI preparou unha canción que fala sobre os maios. Nas fotos inferiores, tedes os/as gañadores/as do concurso.

 

 

 

  

  

 

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES (NERIA) 15-04-14

O xoves día 15 de maio de 2014, levamos a cabo no centro un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para os alumnos do 2º e 3º ciclos de educación primaria. Esta actividade está enmarcada dentro de Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias (Asociación NERIA). Ambos ciclos elaboraron xunto coa encargada da actividade, Miriam, un batido "DESEO", un cóctel "MEDIODÍA" e un granizado de "LARANXA E PERA". Picando nas diferentes bebidas poderedes ver a súa elaboración.

 

VISITA AO CENTRO DE PALMIRA (mimadriña.com) 14-05-14

O mércores día 14 de maio de 2014, visitou o noso centro PALMIRA coa súa actividade MIMADRIÑA.COM. Así contando historias aos nenos, meteuse de cheo nunha actividade de papiroflexia super entretida.

 

  

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 E 8ª CARREIRA PEDESTRE COSTA DA MORTE EN MAZARICOS.

Acábanos de chegar do Concello de Mazaricos, información sobre CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 no colexio CALVO SOTELO (A CORUÑA) do 29 de xuño ao 19 de xullo, para rapaces e rapazas nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000, residentes en calquera municipio da provincia da Coruña. Teléfono de contacto 981080327  -  www.dicoruna.es 

Tamen temos a información necesaria da 8ª CARREIRA PEDESTRES COSTA DA MORTE, que este ano se celebra en MAZARICOS, o sábado día 24 de maio. Teléfono de contacto: 981867104  -  http:carrera.elcorreogallego.es

Para ver máis información de estas dúas actividades, picar nos posters.

        

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE E.P. AOS MUSEOS CORUÑESES 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014, todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión á Coruña para ver os Museos Coruñeses. Pola mañá viron A DOMUS, e despois de xantar foron ao AQUARIUM FINISTERRAE. Xa de tarde foron á CASA DAS CIENCIAS rematando cunha visita ao PLANETARIO. Un plan extraordinario!!!!!!!.

  

VISITA FÁBRICA DE QUEIXOS PÉREZ OLVEIRA ALUMNOS DE E.I. 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014 os alumnos de Educación Infantil coas súas titoras, fixeron unha visita á fábrica de queixos PÉREZ OLVEIRA, para ver como é o proceso de fabricación de estes queixos tan ricos. Ao remate da visita poideron degustalos queixos insitu.

 

 

OS QUINQUILLÁNS CA OBRA "MERLÍN" NA PICOTA 30-04-14

O mércores día 30 de abril, en horario de mañá, todo o alumnado asistirá á Aula de Cultura do Concello de Mazaricos

para presenciar a obra "MERLÍN" representada polo grupo OS QUINQUILLÁNS.

                                                                                                               

APADRIÑAMENTOS LECTORES. DÍA DO LIBRO 23-04-14

O 23 de abril de 2014, DÍA DO LIBRO, levamos a cabo no centro unha actividade que leva por nome APADRIÑAMENTOS LECTORES. Esta actividade, organizada dende a Biblioteca, consistiu en que os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria, escollerían un libro da Biblioteca axeitado para lerlle aos nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Esta lectura levouse a cabo no lugar do centro que eles elixiran.

  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut