Skip to Content

blog de patricia

DÍA DAS ESCRITORAS NAS CLASES DE INGLÉS

Polo día das escritoras, na aula de inglés, as nenas e nenos de 4º e 5º descubrimos á escritora inglesa “Julia Donaldson” autora do sonado libro “The Gruffalo” entre as máis  de 200 historias que ten escritas!

Coñecemos varios dos seus libros, sobre os que conversamos describindo as portadas, as personaxes…, e lendo despois. 

Para descubrir algo da súa vida traballamos cun ditado “á carreira” co que tiñamos que completar unha sinxela biografía e poñe,a en orde.

 

Feito isto, elaboramos un “lapbook” co que participamos na exposición polo Día das escritoras que se organizou dende a Biblioteca escolar”

 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS e DÍA DA BIBLIOTECA

Aproveitamos estas dúas efemérides para adornar o corredor da biblio con biografías de diferentes autoras. Cada clase elexiu unha e este é o resultado: un espazo moi feminino e moi lector.  

 

VOLCÁNS

Aquí estamos de novo!

Aínda esperando a abrir as nosas portas a biblio non para, aquí vos deixamos un material creado en colaboración co equipo TIC para traballar o tema dos volcáns do que tanto se fala estes días despois do ocurrido na illa da Palma. Espectacular e triste e perigoso ao mesmo tempo este fenómeno xeolóxico que nos ten a todos e todas pendientes das noticias. Queredes saber máis sobre eles? Pois mirade a seguinte presentación e, en canto abra a biblio, pasádevos a buscar algúns dos exemplares cos que contamos.

Ademais dos seguintes xogos tamén AQUÍ poderedes descargar unha ficha para colorear de Realidade Aumentada coa APP de QUIVER . Pica AQUÍ para ver un vídeo de como funciona e mira como erupciona un volcán. Por suposto hai moitas fromas de facer o teu propio volcán en numerosos videotitorais en Youtube, facendo unha rápida búsqueda atoparédelos. Quen se anima?

Benvid@s ao curso 21-22! Esperamos que viñerades cargadiñ@s de ganas de aprender! A partir do un de outubro as nosas portas volverán a abrirse... Pingüi espéravos cos brazos abertos!

RESUMO DO PROXECTO CARRAL SOSTIBLE

Na seguinte presentación podedes ver polo miúdo os retos e produtos finais de cada aula do noso PDI por se non puidéstedes visitar a exposición ou queredes vela con máis calma. Traballazo do alumnado, profesorado e familias, parabéns a toda a comunidade educativa. 

 

GALICIA ENCONTADA

As aulas de 3º A, B e C fixeron os seguintes contos xeolocalizados a partir dunha tarefa integrada que mesturou contidos das áreas das linguas e de ciencias sociais e naturais. Así coñeceron diferentes lugares galegos e aprenderon a escribir contos dentro da temática da biblioteca escolar deste ano: XEOGRAFÍAS LECTORAS. Esperemos que pasedes un bo rato escoitando as súas historias! 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, VERÁN 2021

Para ver a presentación máis grande e poder visualizar os títulos mellor picade AQUI.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN de Patricia Pena

PRODUTO FINAL DO RETO DE MAIO

A comer! Iso si, produtos de cercanías, con denominación de orixe ou de tempada. Coñecemos a riqueza culinaria de Galicia á vez que protexemos o medio ambiente e reflexionamos sobre a fame no mundo. Quen se anima a facer algunha destas receitas? Se facedes algún prato destes enviádenos as vosas fotos a bibliovicenteotero@gmail.com e... BO PROVEITO! 

RETO DE MAIO. ECOCOMEDORES.mp4 from CEIP Vicente Otero Valcárcel on Vimeo.

ENQUISA PARA EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º.

Picade AQUÍ para acceder á enquisa, recordade cubrir so unha por clase. 

ENQUISA DE BIBLIO PARA 3º, 4º, 5º e 6º

Pica AQUÍ para ver a enquisa de biblio, cúbrea so unha vez. O alumnado de 5º e 6º tédela colgada en Edixgal tamén se vos é máis cómodo. 

ENQUISA DE BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS

Co fin de mellorar o servizo da biblioteca e coñecer a vosa opinión pedímosvos que cubrades esta pequena e rápida enquisa, so vos levará uns minutiños e a nós serviranos de moita axuda. O prazo para cubrila remata o día 25 de xuño. Moitas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para ir a ela.

PODCAST DE 5º A

Ola! Somos a rapazada de 5º A do colexio CEIP Vicente Otero Valcárcel e queremos que vos animedes a escoitar os nosos podcast porque nos entusiasmaremos a facer máis e, co tempo, nos irán saíndo mellor, mellor e mellor.

De momento temos catro e podedes dicir a vosa opinión para así mellorar máis e facer mellores.

Os nosos podcast son:

- Como se fai un podcast?.

- Fórmula 1.

- Formigas e Cágados.

Agardamos que vos gusten e os desfrutedes!

Saúdos e adeus!

 

OBRADOIRO DE CASIÑAS PARA PAXAROS

Velaquí unha mostra das múltiples actividades que estamos levando a cabo no cole sobre medio ambiente grazas ao Concello de Carral e dentro do proxecto de centro Carral sostible: 9 meses, 9 causas. Neste caso os nenos e nenas de 3ºA fixeron casiñas para os paxaros que colgaron nas árbores do patio. Están feitos uns carpinteiros/as! 

Distribuir contenido


by Dr. Radut