Skip to Content

blog de patricia

RETO DE MARZO: CON M DE MULLER

Aquí vos deixamos o noso reto de marzo relacionado co coidado do medio ambiente e as mulleres. Imos facer uns taboleiros cos escornabots e un libro de biografías entre todo o cole. Ademais tamén podedes ver nesta entrada algúns dos fondos relacionados coa temática da igualdade e, para rematar, música feminina en galego para celebralo!

 

 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro unha das nosas poetas máis coñecidas e internacionais. Aquí vos deixamos algúns dos materiais cos que contamos na biblio por se vos apetece ler unhas liñas sobre a súa vida e desfrutar dalgúns dos seus poemas tando lidos como musicados.

TEATRO RADIOFÓNICO PARTE II

Nova entrega radiofónica!

Neste caso podedes escoitar aos nenos e nenas de 3ºA que gravaron esta simpática obra de teatro baseada no libro "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña e da Editorial Everest. A música que sona de fondo é "O outono" de Vivaldi. Desfrutade escoitándoos! 

É TEMPO DE ENTROIDO!

Aquí deixamos unhas imaxes do que foi a celebración dun Entroido atípico. Desfrutade na medida do posible e grazas a todos/as pola vosa colaboración e participación. Seguimos! 

RETO DE XANEIRO: POEMAS E NON PROBLEMAS

O reto de xaneiro estivo relacionado co DÍA DA PAZ xa que as guerras tamén destrúen o mundo! Fixemos varias actividades sobre este tema: unhas pombas coas palabras que nos recordaban a paz e un mapa de xeografías lectoras onde cada aula ou nivel elixeu un coflito, buscou información sobre el e lle recitou un poema. A maoiría das poesías son do libro "Bicos e non balas" de Antonio García Teijeiro da Editorial Kalandraka, pero hai moitas máis! Picade nos puntiños do mapa do mundo para escoitalos. Ademais, a ANPA "Ana Lastra" colocou uns fermosos vinilos nos baños para recordarnos cada día o importante de respetarnos e mellorar a convivencia. Aquí vos deixamos as imaxes. 

 

Para ver  o mapa en grande picade nas frechas que aparecen na parte de abaixo, no marxe lateral dereito. 

RETO DE DECEMBRO

O reto de Decembro falábanos do consumo responsable. Escoitamos as entrevistas dos maiores e a partir de aí traballamos con tres libros que temos na nosa biblio:

EDUCACIÓN INFANTIL: "Non é unha caixa" de Anotoinette Portis (Editorial Kalandraka)

1º,2º,E 3º de EP: "Un agasallo diferente" Marta Azcona e Rosa Osuna (Editorial Kalandraka)

4º, 5º e 6º de EP: "El libro de los palos. Un montón de cosas que construir y hacer con palos" Jo Schofiel e Fiona Danks (Editorial Rodeno)

Estas obras móstrannos exemplos de como crear e xogar a partir de cousas cotiás: unha caixa, un cachiño de tea e uns paus. Despregamos a imaxinación e velaí o resultado! 

RETO DECEMBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, NADAL 2020

Como todos os anos aquí deixamos as recomendacións lectoras para este Nadal, desta volta son unhas recomendacións moi naturalistas, animalistas e ecoloxistas. Bo Nadal! Felices e sostibles lecturas! 

Póster de clase en morado y verde de Patricia Pena

TEATRO RADIOFÓNICO

Os nenos e nenas de 3º gravaron esta obra de teatro tan divertida de Socorro Tajes titulada "Todo é un conto" e que se atopa dentro dunha obra máis ampla chamada "Cinco pezas para pícaros" de Edicións Fontel. Están feitos uns actores e actrices!

BIBLIOPATIO

A biblioteca achégase aos recreos, velaquí as normas de uso do bibliopatio, a nosa pequena biblioteca ambulante. 

ENTREVISTA AOS MAIORES, BIBLIOTECAS DAS PERSOAS

Non podíamos ter mellor estrea para a radio que escoitando a sabiduría dos nosos maiores, aprendendo e conversando con eles. Pingüi riu e chorou de emoción, canta tenrura e cariño desprenden! Volvemos pois a facer a pregunta do principio: que facían os nosos maiores para vivir nun mundo menos contaminado? Escoitade con moita atención o que nos contan porque as bibliotecas das persoas, as humanas, son as máis importantes, apréndese unha asignatura que non aparece nos libros do cole: a da vida. Grazas polos testimonios e parabéns a todos e todas polo traballo feito!  

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA : temos dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro.

O día 20 de Novembro celébrase o Día dos Dereitos da Infancia que este ano no noso centro estivo relacionada co proxecto Carral Sostible:9 meses, 9 causas. Dende o CEIP Vicente Otero Valcárcel reivindicamos o noso dereito a desfrutar dun medio ambiente limpo e seguro. Aí van os nosos traballos, esperemos que vos gusten e que axuden a sensibilizar a toda a comunidade educativa.  

Hecho con Padlet

DECÁLOGO PARA CONSEGUIR UNS RECREOS RESIDUO 0

Aquí vos deixamos para a lectura de toda a comunidade educativa e autoridades competentes o decálogo que fixeron en equipo varios grupos do noso cole para reducir, reutilizar e reciclar o lixo que xeramos nos recreos. Están feitos uns gardiáns do medio ambiente, reto de outubro conseguido! Aínda queda moito por facer pero con pequenos xestos coma estes podemos cambiar as cousas. Xa o di o proverbio: "XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS.. PODEN CAMBIAR O MUNDO!"

Distribuir contenido


by Dr. Radut