RADIO VALES

Bota a andar o primeiro programa de RADIO VALES!!!
Os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria son uns verdadeiros expertos das ondas. Nesta primeira emisión fálannos das profesións, escoitade...
 
 
PREME NA IMAXE

CHEGOU O MAIO

PREME NA IMAXE

O VALES LE NA CASA

RECICLAMOS NA CASA

Mero está encantado coas cousas que estades a facer na casa.... Mirade que chuladasSorriso!!

premede na imaxe

Se queredes saber máis cousiñas de Mero e do que está argallando, visitade o blog de Voz Natura.

DIA DO LIBRO

Este ano, para conmemorar o Día do Libro, queremos compartir con vós estas imaxes do profesorado lendo nas súas casas.

EU QUEDO NA CASA. EU LEO NA CASA.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

Animádevos a enviarnos unha foto vosa lendo na casa, porque...

NO VALES LER

QUEDAMOS NA CASA

e LEMOS NA CASA

 

Envía a túa foto ao mail do teu titor ou titora ou ao mail da biblio: bibliotecavales@gmail.com

 

 

 

PONTE EN CONTACTO CON MERO

A Mero, a mascota da horta, gustaríalle que lle fagades chegar vídeos ou fotos das cousas que estades a facer na casa con material de refugallo, animádesvos?

Podedes enviarlle as vosas creacións ao seu mail: ahortademero@gmail.com

MENSAXE DA PROFE ALBA 3º

A profe Alba de 3º de Educación Primaria fixo este vídeo para ao seu alumnado.Risa

CLICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

SOLIDARIEDADE

Sabela Gómez, alumna de 5ºA, transmite o seu sentir neste fermoso poema.

SOLIDARIDADE

 

Virais son os youtubers

que fan videos de millóns

de suscripcións

viral é este virus

que non ten solución.

 

Os heroes sen capa

que nos están axudando

e non son galardoados.

 

Homes e mulleres que

están no supermercado

poñéndose en risco

coa xente ao seu lado.

 

Multas e multas cada día

isto non ten paraxe

un respeto a policía

sae só ao importante.

 

Enfermeiras e médicos

traballan arreo

para que logo

saiamos de paseo

 

costureiras e costureiros

que cosen con tanto amor

mascarillas para todos

que fan falta mogollón

 

Avós e avoas

agardando  polos netos

cando pase todo isto

xogaremos moi contentos.

 

Algo bo trae este virus

que nos puxo en igualdade

algo bo ten este virus

que trouxo SOLIDARIDADE

#6ºQUEDANACASA

Tras catro semanas en casiña, o alumnado de 6º de Educación Primaria, da man dos profes de Arts & Crafts, Pablo e Claudia, elaboraron este bonito vídeo no que amosan as súas inquedanzas ante o COVID-19. RESISTIREMOS!!! Moito ánimo, xa queda menos!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

O venres, 03-04-2020, pola tarde, publicaranse en ABALAR as cualificacións da 2ª avaliación.

As familias poderán ver as cualificacións pola APP abalarMóbil que é totalmente gratuíta.

Para que a APP funcione, é necesario que o número de teléfono sexa o mesmo que está rexistrado no colexio en XADE, na aplicación da Consellería de Educación.

Para ver a guía en PDF sobre a aplicación abalarMóbil, prema AQUÍ

 

 

Distribuir contido