CANCIÓN DA PAZ de 4º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 4º de Primaria gozaron nas casas interpretando a canción titulada "El mismo Sol" de Álvaro Soler, canción que traballaron polo Día da Paz.

Clicade nas diferentes imaxes para cantar e bailar cos rapaces!!!   

        

ENTROIDO 2021

Nenos e nenas de 4ºF comparten con nós unhas coplas do Entroido, prepárense para a festa!!!

Este ano non puidemos celebrar o pasarrúas no Pasatempo, pero non queremos deixar de compartir con vós os nosos disfraces...

DIA DA PAZ

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunhas das actividades que fixemos no cole polo día da Paz.

Visitade tamén os blogs da Biblioteca, o de Voz Natura e o de Infantil para ver algunha cousiña máis!!

 

INFORMACIÓN ENTROIDO

 

Resultado de imagen de entroido

Estimadas familias:

Achégase o Entroido e o centro  non ten programada ningunha actividade conxunta para esta ocasión, por razón obvias.

Tampouco queremos frear a iniciativa particular nin apagar o espírito de celebración que acompañan estas datas, polo que manteremos os mandados do Meco e os publicaremos na web para quen queira seguilos. Ademais, o venres, 12 de febreiro, o alumnado que así o desexe poderá vir disfrazado ao centro de maneira libre (sen careta). Este ano máis que nunca se merece un ánimo polo mérito e sacrificio demostrado.

 

Recibide do Equipo Docente e Directivo do centro un saúdo e o agradecemento á vosa confianza e colaboración.

MANDADOS DO MECO

O Entroido está a chegar, e témonos que preparar!!!

SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Actividades extraescolares - Alojaweb

Seguindo as instrucións da Autoridade Sanitaria, é necesario  suspender, temporalmente,  as actividades extraescolares, a partir de hoxe e ata novo aviso.

Polo tanto, mañá, xoves, 22 de xaneiro, xa non se realizarán as citadas actividades.

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2021-2022

 

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 e posteriores modificacións sobre o procedemento de admisión nos centros docentes:

 

  • O alumnado de 6º de E. Primaria do noso colexio ten prioridade para a admisión no IES Francisco Aguiar ao que estamos adscritos.

  • Se desexa continuar os seus estudos no citado instituto deberá presentar a solicitude (ANEXO I) no CEIP Francisco Vales Villamarín.

  • O prazo para facer a reserva é do 11 de xaneiro ao 8 de febrero.

  • O CEIP Francisco Vales Villamarín remitirá ao IES Francisco Aguiar as solicitudes de reserva de praza do alumnado que faga uso da prioridade de admisión como centro adscrito.

  • O alumnado que desexe continuar os seus estudos NOUTRO CENTRO DIFERENTE ao IES Francisco Aguiar, NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO I e deberá presentar a súa solicitude de admisión (ANEXO II) no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

  • O alumnado admitido no IES Francisco Aguiar e nos otros centros escollidos deberá formalizar a matrícula nos citados centros entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

NOVO CONTRATO DE TRANSPORTE

 

A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade remitiu un correo electrónico ao colexio no que informa de que o novo contrato de transporte que atende ao noso centro supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado nas rutas 2 (pato), 7 (bolboreta) e 8 (caracol).

A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación é UTE XG-871

 

NO MES DO NADAL...

Neste ano tan complicado houbo que reinventarse para que os nenos e as nenas do cole disfrutaran destas datas. Ao longo deste mes tivemos unha chea de actividades, aquí vos deixamos unha pequena mostra...

FELICES FESTAS!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

BOLETÍN INFORMATIVO 1ª AVALIACIÓN

 

Publicación de notas 1ª Evaluación – IES ARUCAS DOMINGO RIVERO

Dada a situación actual, o boletín informativo para as familias das cualificacións da 1ª avaliación poderá consultarse  na aplicación ABALARMÓBIL a partir do luns, 21 de decembro de 2020.

 

Distribuir contido